Askar Mamin
Nome orixinal | (kk) Асқар Ұзақбайұлы Мамин |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de outubro de 1965 (59 anos) Astana, Kazakhstán |
Primeiro ministro de Kazakhstán | |
21 de febreiro de 2019 – 5 de xaneiro de 2022 ← Bakhytzhan Sagintayev – Älihan Smaiylov → | |
Alcalde de Astana | |
21 de setembro de 2006 – 4 de abril de 2008 ← Umirzak Shukeyev – Imangali Tasmagambetov → | |
Ministro de Transportes e Comunicacións | |
25 de agosto de 2005 – 21 de setembro de 2006 – Serik Akhmetov → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Economía Plekhanov |
Actividade | |
Ocupación | economista, político |
Partido político | Nur Otan Amanat |
Participou en | |
21 de xaneiro de 2015 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 |
Premios | |
| |
Askar Uzakbaiuly Mamin (en kazako: Аsqar Uzаqbаıuly Маmın), nado en Tselinogrado o 23 de outubro de 1965 é un político kazako, que ocupou o cargo de primeiro ministro de Kazakhstán entre 2019 e 2022.[1][2]
Antes ocupara o cargo de Viceprimeiro ministro do 9 de setembro de 2016 ao 21 de febreiro de 2019. Foi tamén presidente de Qazaqstan Temir Zholy, a empresa ferroviaria nacional de Kazakhstán e presidente da Federación de Hóckey sobre xeo de Kazakhstán.[3]
De 2005 a 2006 foi Ministro de Transportes e Comunicacións do Goberno de Kazakhstán e de 2006 a 2008 alcalde de Astana.
É membro do partido gobernante Nur Otan.
Traxectoria
Mamin gradouse no Instituto de Enxeñaría Civil de Tselinogrado e na Universidade rusa de Economía de Plekhanov, nas especialidades de economía e enxeñaría civil. Exerceu como Vicedirector xeral da Unión de Empresas Innovadoras de Kazakhstán. De 1996 a 2008, foi tenente de alcalde da Cidade de Astana, viceministro de Transportes e Comunicacións da República de Kazakhstán e viceministro primeiro de Industria e Comercio da República de Kazakhstán.
Foi presidente da empresa nacional ferroviaria Qazaqstan Temir Zholy de 2006 a 2008 e primeiro viceprimeiro ministro dende setembro de 2016.[2]
O 21 de febreiro de 2019 asumiu as funcións do primeiro ministro, tras a dimisión de Bakhitzhan Sagintaiev. Catro días despois a Cámara Baixa de Kazakhstán aprobou a súa candidatura e foi nomeado oficialmente Primeiro ministro de Kazakhstán.[2]
Vida persoal
Askar Mamin está casado con Altynai Mamina. Teñen un fillo e filla: Daniyar, nado en 1986, e Dinara, nada en 1991.
Cargos políticos | ||
---|---|---|
Predecesor: Bakhytzhan Sagintayev |
Primeiro ministro de Kazakhstán 2019–present |
Presente |
Predecesor: Umirzak Shukeyev |
Alcalde de Astana 2006–2008 |
Sucesor: Imangali Tasmagambetov |
Notas
- ↑ "Nazarbaev Fires Kazakh Government Over Low Living Standards, Economic Failures" (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Askar Mamin, designado primer ministro de Kazajistán" (en castelán). 25 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ "Askar Mamin re-elected president of Kazakh Federation" (en inglés). 5 de decembro de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2019.