Atheresthes
Atheresthes | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Atheresthes stomias | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Atheresthes é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos.[1] que comprende dúas especies propias do Pacífico norte, ambas de interese comercial.[2]
Taxonomía
O xénero foi descrito, segundo o WoRMS e a FishBase, en 1880 polos ictiólogos norteamericanos David Starr Jordan e Charles Henry Gilbert.
Porén, o SIIT considera inválido o nome Atheristhes, admitíndoo como sinónimo de Reinhardtius, definido por Guill en 1861.[3]
Etimoloxía
O nome Atheresthes deriva, seguindo algún etimoloxistas, dos nomes do grego antigo ἀθήρα athḗra, "espigón", "papila", e Ἀστυάναξ Astyánax "Astíanax", heroe da mitoloxía grega, fillo de Heitor e Andrómaca e neto de Príamo, rei de Troia; este nome significa "o protector da cidade", de ἄστυ asty ("cidade") e ἄναξ ánax ("dono").[4]
Especies
As únicas dúas especies recoñecidas hoxe en día no xénero son:[1][2]
- Atheresthes evermanni Jordan & Starks, 1904 - a palmeta xaponesa.[5]
- Atheresthes stomias (Jordan & Gilbert, 1880) - a palmeta do Pacífico.[5]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Atheresthes Jordan & Gilbert, 1880 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Especies de Atheresthes en FishBase.
- ↑ Reinhardtius Gill, 1861 no SIIT.
- ↑ Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid, (non publicado).
- ↑ 5,0 5,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.
Véxase tamén
Bibliografía
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Atheresthes no NCBI.
- Atheresthes en Catalog of Fishes. Para ver a discusión sistemática (en inglés).