Atlas (cartografía)

Mapamundi de Abraham Ortelius publicado dentro do Theatrum Orbis Terrarum (1570), un dos primeiros atlas impresos.

Un atlas é unha colección sistemática de mapas de diversa índole que contén unha capitulación de distintos temas de coñecemento como a xeografía física, a situación socioeconómica, relixiosa e política dun territorio concreto.

O termo atlas provén da mitoloxía grega na que Atlas ou Atlante (en grego antigo ‘o portador’) era un novo titán ao que Zeus condenou a cargar sobre os seus ombreiros os alicerces que mantiñan a terra separada dos ceos. Con todo, segundo explicaba Gerardus Mercator á fronte do seu propio Atlas de 1602, o nome aludía non ao personaxe mitolóxico senón á cordilleira, e a un rei e astrólogo norteafricano cuxo desexo era transformarse en montaña para abrazar o ceo.[1]

Clasificación

Os atlas pódense clasificar de acordo a determinadas características:

Segundo a súa extensión:

  • Universais (mundiais)
  • Nacionais
  • Rexionais
  • Comarcais
  • Locais

Segundo o tipo de información:

  • Xeográficos
  • Temáticos

Segundo o soporte en que se presentan:

  • Impreso sobre papel.
  • Sobre soportes electrónicos ou en Internet

Atlas nacional

Un atlas nacional constitúe unha síntese da realidade física, social e económica dun país, polo que reúne toda a información xeográfica necesaria para unha adecuada toma de decisións, tanto públicas como particulares. Con todo, é moito máis que iso: é un compendio do coñecemento sobre o territorio, sobre as modificacións que a actividade humana produciu nel e sobre as relacións entre a intelixencia, a vontade e a natureza. En todo caso, é unha exposición rigorosa e obxectiva que describe con criterio científico o relevo, o clima, as cidades e os seus habitantes, e a distribución dos recursos; en definitiva é un espello do país. Un exemplo de atlas nacional é o Atlas Nacional de España, encomendado ao Instituto Xeográfico Nacional por acordo do Consello de Ministros de 1986.

Notas

  1. Biblioteca Real, pezas cartográficas da Colección Gondomar, Patrimonio Nacional.

Véxase tamén

Outros artigos