Atol Arno
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Illas Marshall ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.069 (1999) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 13 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||
Altitude | 3 m ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MH-ARN ![]() | ||||
Arno é un atol de 133 illas no océano Pacífico. É un distrito lexislativo das Illas Marshall na cadea Ratak. O territorio abarca 13 quilómetros cadrados de terra firme. A diferenza da maioría dos outros atois, Arno inclúe tres diferentes lagoas, unha gran lagoa central, e dúas máis pequenas no norte e o leste. A súa lagoa principal inclúe unha superficie de 338´7 km². A unha distancia de só 20 km, é o atol máis próximo á capital das Illas Marshall, o atol Majuro, e pódese ver mirando cara ao leste desde Majuro nun día claro. Atópase aproximadamente a 47 km. ao leste de Ujae.
A poboación do atol Arno era de 2.069 segundo o censo de 1999. Os illotes máis poboados son Ajeltokrok, Kobjeltak, Rearlaplap, Langor e Tutu. O pobo máis grande é Ine, Arno.
Os habitantes de Arno son ben coñecidos pola súa produtividade na fabricación de copra (a carne seca de coco, da que é extraído o aceite de coco). As mulleres de Arno son famosas pola produción da Bolsa de Kili, un popular bolso tecido a man, o nome doutra illa nas Illas Marshall (á que a poboación do atol Bikini foi finalmente trasladada como consecuencia das probas nucleares dos Estados Unidos que se levaron a cabo no seu atol). En Arno supostamente había unha tradicional "escola de amor".
Historia
O atol Arno foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio do Xapón. Tras o final da segunda guerra mundial, o atol Arno quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. A illa forma parte da República das Illas Marshall desde 1986.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio das Illas Marshall
- Entry at Oceandots.com Arquivado 23 de decembro de 2010 en Wayback Machine.