Aurelia (cráter)
Aurelia | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | Cráter de impacto |
Corpo astronómico | Venus |
Epónimo | Aurelia |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 20°18′N 331°48′L / 20.3, 331.8 |
Diámetro | 31,1 km |
Cuadrángulo | Sedna Planitia quadrangle (en) e Sif Mons quadrangle (en) |
Localización | |
Identificadores | |
GoPN | 472 |
Aurelia é un cráter complexo do planeta Venus, situado nas coordenadas 20,3° N 331,8° E.[1] O cráter ten 31 km de diámetro[1] e posúe paredes con chanzos, un chan moi brillante visto polo radar (algo moi infrecuente nos cráteres de Venus) e un pico central segmentado en varias partes, todas estas características fan que este cráter sexa clasificado coma complexo. Tamén cabe subliña-los regueiros (moi brillantes tamén) en forma de lóbulos, así coma os terreos escuros ó radar que rodean (case por completo) a todo o complexo do cráter.[2] O nome do cráter recibiu o nome da nai de Xulio César, Aurelia.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Aurelia on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 01-12-2011.
- ↑ JPL/NASA (ed.). "PIA00239: Venus - Crater Aurelia". Photojournal. Consultado o 01-12-2011.