Avedis Pedro XIV Arpiarean
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1856 Kemaliye, Turquía |
Morte | 26 de outubro de 1937 (81 anos) Bsumar |
Bispo diocesano | |
23 de setembro de 1890 – ← Stefano A. Israelian (en) – Stefano P. Israelian (en) → Diocese: Karput (Armenian) (en) | |
Arcebispo titular | |
Diocese: Anazarbus degli Armeni (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Armenia |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa Católica Armenia |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1890–), sacerdote católico (1884–) |
Consagración | Estevo Pedro X Azarean |
Avedis Pedro XIV Arpiarean (en armenio: Աւետիս Պետրոս ԺԴ. Արփիարեան, Awetis Petros ŽD. Arp’iarean), nado o 13 de abril de 1856 en Eğin (Imperio Otomán) e finado o 26 de outubro de 1937 en Bsumar (Líbano), foi o 14º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 9 de outubro de 1931 até o seu pasamento.
Traxectoria
Naceu en Eğin, actual cidade turca de Kemaliye. En marzo de 1884 foi ordenado sacerdote e o 23 de setembro de 1890 foi nomeado bispo de Harput. Recibiu a ordenación episcopal en novembro de mans do patriarca Estevo Pedro X.
O 29 de abril de 1898 foi nomeado arcebispo auxiliar do patriarcado de Cilicia, e arcebispo titular de Anazarbus. O 27 de agosto de 1911 foi nomeado arcebispo de Marasc, e o 25 de xuño de 1928 foi novamente trasladado como arcebispo auxiliar á curia patriarcal. O 9 de outubro de 1931 foi elixido patriarca de Cilicia, cargo no que permaneceu até o seu pasamento en Bsumar (Líbano), o 26 de outubro de 1937.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Paulo Pedro XIII Terzean |
Patriarca de Cilicia 1931 - 1937 |
Sucesor: Gregorio Pedro XV Aghachanean |