Axe
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Gray87.png/300px-Gray87.png)
O axe é a segunda vértebra cervical. Permite movementos de rotación do pescozo e mirar cara ós lados.
Estrutura
Ademais das estruturas características das vértebras, posúe unha apófise denominada apófise odontoide, que é o corpo do atlas. Os procesos transversos contan cun burato para a arteria vertebral. A apófise espiñenta é monotuberculosa, a diferenza das outras vértebras cervicais.
Relacións
- Superiores: artéllase co atlas, unha artrodia sinxela, con pequenos movementos de deslizamento. Chámase atloidoaxoide.
- Inferiores: presenta as mesmas articulacións cas outras vértebras: unha intersomática e dúas interarticulares coa terceira vértebra cervical.