Axuda:Homónimos

Atallo:
A:HO

Con frecuencia atopamos ligazóns que por erro ou ambigüidade se refiren a artigos con títulos homónimos (palabras que teñen dous ou máis significados diferentes e que se escriben ou pronuncian igual). Para evitar iso existen as páxinas de homónimos, que conteñen unha lista de ligazóns ás páxinas que inclúen no seu título a palabra homónima.

Pódese ver unha lista das páxinas de homónimos na: Categoría:Homónimos.

Nesas páxinas inclúese a seguinte mensaxe:

Como crear unha páxina de homónimos

Primeiro créase unha páxina normal. Para incluír esa mensaxe na páxina existe un modelo chamado {Homónimos} que fai que a páxina apareza automaticamente na lista da categoría Homónimos. Só hai que escribir na parte superior da páxina {Homónimos} (lembre non se debe copiar o texto da mensaxe na páxina, abonda con introducir {Homónimos}).

Referencias nas páxinas

Pódese anunciar a existencia de páxinas homónimas empregando o marcador {Outros homónimos}, como aparece, por exemplo, no artigo Tempo.

Ferramenta

Na Wikipedia existe unha ferramenta detectora de homónimos que marca con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de homónimos.

Véxase tamén

Outras páxinas


Frecha. Volver á páxina de axuda.