B.B. King

B.B. King
Nome completoRiley Ben King
Data nacemento16 de setembro de 1925
Nado enBerclair
Falecemento14 de maio de 2015 (89 anos)
 Las Vegas
CausaDiabetes mellitus e Ictus
CónxuxeMartha Lee Denton e Sue Carol Hall
Ocupaciónguitarrista, cantante, cantautor, compositor, pianista e produtor musical
XéneroBlues, R&B, blues eléctrico, blues rock
Instrumento(s)voz, guitarra e piano
Tempo en activodende 1948
Na rede
http://www.bbking.com/
IMDB: nm0454475 Allocine: 21688 Rottentomatoes: celebrity/bb_king Allmovie: p38262
Facebook: bbking MySpace: bbking Spotify: 5xLSa7l4IV1gsQfhAMvl0U iTunes: 75207 Last fm: B.B.+King Musicbrainz: dcb03ce3-67a5-4eb3-b2d1-2a12d93a38f3 Songkick: 14318 Discogs: 37729 Allmusic: mn0000059156 WikiTree: King-11616 Find a Grave: 146489606 Deezer: 3614 Genius: Bb-king Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Riley B. King, nado en Itta Bena, Mississippi, o 16 de setembro de 1925, e finado en Las Vegas o 14 de maio de 2015, foi un cantante e guitarrista de blues. King introduciu un sofisticado estilo de solos baseado nun fluído string bending e nun brillante vibrato que influenciou moitos guitarristas de blues posteriores.[1]

King foi inducido no Rock and Roll Hall of Fame en 1987, trátase dun dos músicos de blues máis influíntes da historia, gañando o alcume de "O Rei do Blues", e é considerado un dos "Tres Reis da guitarra de blues" (xunto con Albert King e Freddie King, cos cales non ten ningunha relación de parentesco).[2] King actuou incansablemente ao longo de toda a súa carreira musical, realizando de media máis de 200 concertos por ano nos anos 70. Só en 1956 apareceu en 342 actuacións.[3]

King naceu nunha plantación de algodón en Itta Bena, Mississippi, e posteriormente traballou nunha desmotadora en Indianola, Mississippi. Foi atraído cara a música e a guitarra na igrexa, e comezou a súa carreira en juke joints e na radio local. Posteriormente viviu en Memphis, Tennessee, e Chicago, onde medrou a súa fama, xirando extensamente por todo o mundo. King morreu ao 89 anos en Las Vegas, Nevada, o día 14 de maio de 2015.

Traxectoria

Inicios

Nado nunha cachoupa nunha plantación de cotón de Berclair, preto de Itta Bena, Mississippi.[4] Aos 4 anos a súa nai deixou ao seu pai por outro home e King foioi criado pola súa avoa materna, Elnora Farr, en Kilmichael Mississippi.[5]

Adquiriu unha cultura musical básica cantando no coro de gospel da igrexa baptista desa localidade. King sentiuse atraído pola Igrexa Pentecostal de Deus en Cristo pola súa música. O ministro local utilizaba unha guitarra Sears Roebuck Silvertone durante os seus servizos, e o ministro ensinoulle a King os seus tres primeiros acordes.[6] Semella que ao 12 anos mercou a súa primeira guitarra por 15 dólares,[5][7] aínda que outra fonte indica que Bukka White, curmá da súa nai, regaloulle a súa primeira guitarra.[8]

En 1943 King deixou Kilmichael para traballar como condutor de tractores e tocar no Famous St. John's Quartet en Inverness, tocando en igrexas e en radios comarcais.

Popularidade

En 1947, B. B. King gravou con RPM Records nos Ánxeles. Un dos seus descubridores e produtores foi Sam Phillips, quen máis adiante fundou a fundamental Sun Records.

En febreiro de 1952, acadou o seu primeiro número un no Billboard Rhythm and Blues co tema 3 O'Clock Blues; a partir de aí encadeou unha serie de sucesos de vendas, todos eles ligados ao blues e caracterizados polo xeito singular de tocar a súa guitarra Lucille. Asemade, emprendeu xiras con numerosas actuacións por todo o país. Chegou a crear o seu propio selo discográfico: Blues Boys Kingdom. Máis adiante gravou para ABC, MCA, Reprise/Warner Bros. e Virgin/EMI.

Moi recoñecido polas novas figuras brancas do Rock e do Blues, dende Elvis Presley a U2, pasando polos The Rolling Stones e Eric Clapton, acadou un premio Grammy polo tema The Thrill is Gone, gañou sona internacionais con espectáculos por todo o mundo, incluída Galicia e pertence ao Blues Hall of Fame e ao Rock and Roll Hall of Fame.

Previsualización de referencias

  1. Komara, Edward M. Encyclopedia of the Blues, Routledge, 2006, p. 385
  2. HalLeonard.com. "Three Kings of Blues". Hal Leonard Online (en inglés). Consultado o 2020-09-17. 
  3. "Blues guitarist B.B. King dies at 89". Los Angeles Times (en inglés). 2015-05-15. Consultado o 2020-09-17. 
  4. "B.B. King | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-09-18. 
  5. 5,0 5,1 "BB King". www.jazzandbluesmasters.com. Consultado o 2020-09-18. 
  6. Silliman, Daniel. "How the church gave B.B. King the blues". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2020-09-18. 
  7. "B.B. King". Academy of Achievement (en inglés). Consultado o 2020-09-18. 
  8. The B.B. King reader : 6 decades of commentary (Rev. ed ed.). Milwaukee, WI: Hal Leonard. 2005. ISBN 0-634-09927-2. OCLC 61261290.