BCM Gravelines
BCM Gravelines-Dunkerque | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Basket Club Maritime Gravelines Dunkerque Grand Littoral |
Liga | Pro A |
Alcume | BCM |
Fundación | 1984 |
Historia | BCM de Gravelines (1984−2002) |
Cores | Laranxa, azul |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Mascota | Texel |
Seareiros | Les Irréductibles |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Sportica |
Capacidade | 3 043 |
Inauguración | 1986 |
Campionatos | |
Copa | 1 (2005) |
bcmbasket.com |
O Basket Club Maritime Gravelines Dunkerque Grand Littoral, coñecido como BCM Gravelines Dunkerque ou simplemente BCM, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Gravelines, situada na rexión da Alta Francia. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. No ano 2005 o club gañou o seu primeiro campionato da Copa de Francia.
Historia
En 1984, o Basket Club Maritime de Gravelines naceu baixo o impulso de Albert Denvers, tenente de alcalde de Gravelines, e Yves Leprêtre, alcalde de Grand-Fort-Philippe, que propuxo a fusión dos seus dous clubs.[1] Tan só tres anos máis tarde, o BCM gañou o primeiro título na súa historia ao dominar a Nationale 2 (actual Pro B), mais non consegue ascender xa que ningún club ficou descendido durante a temporada 1986−87 da máxima categoría. Foi finalmente o 1 de maio de 1988 cando o Gravelines conseguiu entrar por vez primeira na Nationale 1 (actual Pro A), despois dun último partido de play-off contra o SLUC Nancy.
Despois de conseguir a permanencia durante dúas temporadas, o BCM clasificouse en 1990 para xogar a Copa Korać. O Gravelines vence na primeira rolda ao Nashua EBBC (89-72 e 74-67), mais cae na seguinte contra o Estudiantes Caja Postal (66-77 e 68-78). Após subir pouco a pouco na xerarquía do baloncesto francés, o club entra en dificultades económicas a partir de 1995. Coa chegada de Hervé Beddeleem á presidencia, o Gravelines recorre ás autoridades locais e convértese no terceiro poder financeiro do campionato de Francia detrás do Pau-Orthez e o ASVEL Villeurbanne (o seu orzamento duplicarase nuns poucos anos). En 2002, o club fusionouse co de Dunkerque para converterse no Gravelines Dunkerque Grand Littoral Basketball Club.
Despois de perder tres finais en dous anos (a Copa de Francia en 2003 contra Pau-Orthez, a Liga ao ano seguinte contra o mesmo club e a Supercopa de 2005 contra o SLUC Nancy), o BCM gaña a Copa de 2005 contra o Cholet por 91-79. Esta final mantívose igualada durante todo o tempo de xogo até que non últimos catro minutos o Gravelines fixo un parcial de 11-0 ao seu opoñente. Desde aquelas o club ocupa habitualmente as primeiras prazas da competición, aínda que sen conseguir volver gañar ningún título.
Ano a ano
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Supercopa | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010–11 | 1 | Pro A | 3rd | Rolda de 32 | Campión | 3 EuroChallenge | CF | |
2011–12 | 1 | Pro A | 5º | Rolda de 16 | Subcampión | 1 Euroleague | QR1 | |
2 Eurocup | T16 | |||||||
2012–13 | 1 | Pro A | 5º | Rolda de 32 | Campión | 3 EuroChallenge | 4º | |
2013–14 | 1 | Pro A | 12º | Rolda de 32 | 2 Eurocup | L32 | ||
2014–15 | 1 | Pro A | 9º | Rolda de 32 | ||||
2015–16 | 1 | Pro A | 6º | Semifinais | Cuartos de final | |||
2016–17 | 1 | Pro A | 9º | Rolda de 32 | Cuartos de final | 4 FIBA Europe Cup | ||
2017–18 | 1 | Pro A | 13º | Rolda de 32 | ||||
2018–19 | 1 | Pro A | 11º | Rolda de 32 | ||||
2019–20 | 1 | Pro A | 17º | Rolda de 16 | ||||
2020–21 | 1 | Pro A | 15º | Cuartos de final | ||||
2021–22 | 1 | Pro A | 12º | Semifinais |
Xogadores
Destacados
Hervé Dubuisson
Andrew Albicy
Georges Vestris
Xavier Wallez
Ali Bouziane
Dainius Adomaitis
Saulius Kuzminskas
John Holland
Steve Burtt, Sr.
Bobby Dixon
Larry Lawrence
Jerry McCullough
George Montgomery
J. R. Reynolds
Lawrence Roberts
Danny Strong
K'Zell Wesson
Tyson Wheeler
Títulos
- Campións (1): 2005
- Subcampións (2): 2003, 2010
Supercopa de Francia
- Campións (2): 2011, 2013
- Subcampións (2): 2005, 2012
Notas
- ↑ "Histoire". bcmbasket.com (en francés). Consultado o 14 de setembro de 2018.