Baixa Silesia
województwo dolnośląskie (pl) | |||||
Nomeado en referencia a | Baixa Silésia (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Capital | Wrocław | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.915.245 (2012) (146,14 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua polaca | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 19.948 km² | ||||
Comparte fronteira con | Voivodato de Lubusz Hradec Králové (pt) Liberec (pt) Olomouc (pt) Saxonia - Sachsen Voivodato de Gran Polonia Opole Pardubice (pt) | ||||
Creación | 1999 | ||||
Organización política | |||||
• Voivode of Lower Silesian Voivodeship (en) | Paweł Hreniak (en) Cezary Przybylski (en) | ||||
Órgano lexislativo | Lower Silesian Regional Assembly (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | PL-02 e PL-DS | ||||
Código NUTS | PL51 | ||||
Sitio web | umwd.pl | ||||
A Baixa Silesia (en polaco Województwo dolnośląskie) é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998 e foi creado coa reforma de 1999 pola fusión dos voivodatos de Wroclaw, Legnica, Wałbrzych e Jelenia Góra. Atopándose no suroeste de Polonia; a Baixa Silesia corresponde ao sector occidental da rexión chamada Silesia.
Xeografía
A Baixa Silesia confina ao norte co voivodato de Lubusz, ao nordés co de Gran Polonia e ao sueste co de Opole, así como confina ao suroeste con Alemaña (Liña Oder-Neisse) e a República Checa. No Sur da Baixa Silesia a rexión motañosa dos Sudetes (ramal noroccidental dos Cárpatos) é unha das zonas turísticas máis importantes de Polonia polos seus centros de deportes invernais.
División administrativa
O Voivodato da Baixa Slesia atópase dividido en distritos (Powiat en polaco), con 3 cidades distrito. Existen distritos que levan o nome destas cidades pero sen comprehenderlas na súa xurisdición administrativa.
Distritos urbanos
- Breslavia
- Jelenia Góra
- Legnica
Distritos
- Bolesławiec
- Dzierżoniów
- Głogów
- Góra
- Jawor
- Jelenia Góra
- Kamienna Góra
- Kłodzko
- Legnica
- Lubań
- Lubin
- Lwówek Śląski
- Milicz
- Oleśnica
- Oława
- Polkowice
- Strzelin
- Środa Śląska
- Świdnica
- Trzebnica
- Wałbrzych
- Wołów
- Wrocław
- Ząbkowice Śląskie
- Zgorzelec
- Złotoryja
Xeografía
Principais cidades
A capital do voivodato, Breslavia, é cos seus case 640 000 habitantes a cuarta cidade máis poboada de toda Polonia e netamente a meirande de toda Silesia.
|
|
Véxase tamén
Outros artigos
- Silesia
- Alta Silesia