Banco Nacional de Polonia
Banco Nacional de Polonia | |
---|---|
Acrónimo | NBP e BNP |
Tipo | Banco central e negocio |
Área de operación | Polonia |
Data de fundación | 1945 e 15 de xaneiro de 1945 |
Presidente/a | Adam Glapiński (-) |
Nº de empregados | 3.355 (2020) |
Organización subsidiaria | Centrum Pieniądza NBP im. Sławomira S. Skrzypka |
Sede | Varsovia e sen etiquetar |
En | Varsovia |
País | Polonia |
52°14′10″N 21°00′52″L / 52.236111111111, 21.014444444444 | |
Na rede | |
https://www.nbp.pl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Banco Nacional de Polonia (en polaco: Narodowy Bank Polski) é o banco central da República de Polonia. Encárgase de controlar a cuñaxe e a circulación da moeda polaca, o złoty. A sede central do Banco atópase en Varsovia, pero ten sucursais na maioría das cidades de Polonia.
O BNP representa a Polonia no Sistema Europeo de Bancos Centrais, unha organización dentro da UE.
Historia
A pesar de que o banco baixo o seu actual nome existe desde 1945, esta entidade é continuadora de bancos centrais previos que houbo por Polonia, chamados simplemente Banco de Polonia (Bank Polski). O primeiro foi fundado en Varsovia en 1828 polo Duque Franciszek Ksawery Drucki-Lubecki. Era unha institución do goberno do Reino de Polonia designada para a cuñaxe da moeda polaca así como para o control dos tipos de xuro. Foi tamén designada coa concesión de operar con divisa estranxeira e para a compra de títulos de compañías e bancos estranxeiros.
Edificios do Banco Nacional de Polonia
-
Siedlce