Band of Horses
Orixe | Seattle, Washington, |
---|---|
Período | 2004 - presente |
Xénero(s) | indie rock, southern rock, country alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Sub Pop, Columbia Records |
Membros | Ben Bridwell Ryan Monroe Tyler Ramsey Bill Reynolds Creighton Barrett |
Antigos membros | Joe Arnone Ludwig Böss Mat Brooke Sera Cahoone Chris Early Rob Hampton Tim Meinig Blake Mills |
Artistas relacionados | Carissa's Wierd, Grand Archives |
Na rede | |
bandofhorses.com | |
Band of Horses é unha banda estadounidense de indie rock formada no ano 2004 en Seattle por Ben Bridwell. Bridwell é o único membro constante do grupo tras varios cambios na formación. No presente a formación tamén inclúe a Creighton Barrett (batería), Ryan Monroe (teclados, guitarra, coros), Matt Gentling (baixo, coros) e Brett Nash (guitarra, coros).
Durante dez anos a formación máis estable de Band of Horses contou co guitarrista Tyler Ramsey e o baixista Bill Reynolds, que gravaron e actuaron coa banda entre 2007 e 2017, antes de marchar de forma pouco amigable.
Ata a data a banda levan editados seis álbums de estudio: Everything All the Time (2006), Cease to Begin (2007), Infinite Arms (2010), Mirage Rock (2012), Why Are You OK (2016) e Things Are Great (2022), sendo Infinite Arms nomeado a un premio Grammy en 2011.
Discografía
Álbums de estudio
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Everything All the Time | 2006 | Sub Pop Records |
Cease to Begin | 2007 | Sub Pop Records |
Infinite Arms | 2010 | Columbia/Brown/Fat Possum |
Mirage Rock | 2012 | Columbia Records |
Why Are You OK | 2016 | Interscope Records |
Things Are Great | 2022 | BMG |
EPs
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Tour EP | 2005 | autoeditado |
Sonic Ranch Sessions | 2012 | Columbia Records |