Bandeira de Serbia

Bandeira de Serbia
Bandeira de Serbia
Características
Uso
Proporción2:3
AdopciónXuño de 2004
Cores     Vermello     Azul     Branco

A bandeira de Serbia (en serbio: Застава Србије, Zastava Srbije) é tricolor, con tres franxas horizontais iguais, sendo vermella a de arriba, azul a do medio e branca a de abaixo. Son as cores do paneslavismo.

A mesma tricolor, con algunhas variacións, foi a bandeira de Serbia ao longo da súa historia, e é a bandeira étnica do pobo serbio. A bandeira estatal porta tamén o escudo de armas de Serbia, centrado verticalmente e desprazado cada o lado do mastro unha sétima parte da lonxitude total do pavillón. A forma actual da bandeira foi adoptada oficialmente en novembro de 2010.

Deseño

A proporción oficial da bandeira é de 2:3 (alto/longo),[1] coas tres cores ocupando cada unha un terzo da alzada. As cores recomendas, comezando de arriba a abaixo son:

Sistema Vermello Vermello Azul Amarelo Negro|Negro
Pantone 192C 704C 280C 123C X
CMYK 0-90-70-10 0-90-70-30 100-72-0-19 4-24-95-0 X-X-X-100

Historia

A bandeira serbia, en realidade é o pavillón ruso invertido. Antes do Primeiro Levantamento Serbio contra os otománs, unha delegación de Serbia foi a Rusia na procura de axuda. Esta foi concedida, e a delegación quixo mostrar o seu recoñecemento pedíndolles utilizar a bandeira rusa como a pavillón militar de Serbia nas batallas.

A partir de aquí a historia toma sentidos diferentes segundo as versións: a primeira di que a aprobación foi concedida, pero que a delegación esqueceu como estaban ordenadas as cores e a segunda di que a aprobación non foi concedida e os serbios usaron a bandeira rusa invertida para molestar aos rusos.

Bandeiras históricas

Reconstrución da Bandeira de Serbia descrita en 1281
Reconstrución da Bandeira de Serbia descrita en 1281 
Suposta bandeira baixo o Rei Uroš IV (1339)
Suposta bandeira baixo o Rei Uroš IV (1339
Unha bandeira da Primeira Revolta Serbia (1807)
Unha bandeira da Primeira Revolta Serbia (1807
Principado de Serbia (1835)
Principado de Serbia (1835
Reino de Serbia (1882-1918)
Reino de Serbia (1882-1918
Reino de Iugoslavia (1918-1945)
Serbia de Nedić (1941-1944)
Serbia de Nedić (1941-1944
RFS Iugoslavia (1945-1992)
Bandeira da República Socialista de Serbia (1945-1991)
República Federal de Iugoslavia e de Serbia e Montenegro (1991-2006)
República de Serbia (1992-2004)
República de Serbia (1992-2004
Serbia (2004-2010)
Serbia (2004-2010

Outras bandeiras

Bandeira civil. 2:3
Bandeira civil. 2:3 
Bandeira naval. 2:3
Bandeira naval. 2:3 
Bandeira do Exército Serbio (reverso).
Bandeira do Exército Serbio (reverso). 
Bandeira da rexión autónoma de Voivodina.
Bandeira da rexión autónoma de Voivodina
Bandeira da Igrexa Ortodoxa Serbia
Bandeira da Igrexa Ortodoxa Serbia 

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas