Bandeira de Sicilia
Bandeira de Sicilia | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 13:20 (como se mostra enriba), 2:3 ou 3:5 |
Adopción | 4 de xaneiro de 2000 |
Cores | Amarelo Vermello |
A bandeira de Sicilia (en siciliano: bannera dâ Sicilia; tamén coñecida como Trinacria)[1]é un símbolo oficial de Sicilia. Componse dun tríscele (unha figura de tres pernas dispostas en simetría rotacional), e no seu centro unha Gorgona (representación da cabeza de Medusa) cun par de ás e tres espigas de trigo. Na bandeira orixinal, as espigas de trigo non existían e as cores estaban invertidas. A bandeira orixinal foi creada en 1282 durante a rebelión das Vésperas de Sicilia.
Descrición
A bandeira caracterízase pola presenza dun tríscele no seu medio formado pola cabeza alada dunha muller (Dea Iblea, deusa da fertilidade entre o antigo pobo siciliano), cabeza rematada cun nó de serpes e tres espigas de trigo, das que irradian tres pernas dobradas, representando a extrema fertilidade da terra de Sicilia.[2] Dise que o símbolo do tríscele representa os tres cabos da illa de Sicilia, a saber: Pelorus (Peloro, Punta de Faro, Messina: Nordeste); Pachynus (Passero, Siracusa: Sur); e Lilybæum (Lilibeo, Cabo Boeo, Marsala: Oeste), que forman tres puntos dun triángulo a partir dos históricos tres vales da illa.[3][4]
A bandeira está dividida en diagonal en rexións de cor vermella, a cor de Palermo, e amarela, a cor de Corleone. Estas son as dúas cidades que iniciaron a revolución das vésperas sicilianas. A bandeira foi usada durante a revolución medieval das Vésperas.[5]
Notas
- ↑ pti.regione.sicilia.it (ed.). "I SIMBOLI DELLA REGIONE SICILIANA - LA BANDIERA". Consultado o 27 de xaneiro de 2025.
- ↑ Radicini, Ninni. "The Trinacria: History and Mythology | The Symbol of the Hellenic Nature of Sicily | Article by Ninni Radicini." The Trinacria: History and Mythology | The Symbol of the Hellenic Nature of Sicily | Article by Ninni Radicini. N.p., n.d. Web. 09 Nov. 2014.
- ↑ Dana Facaros; Michael Pauls (2008). Sicily (illustrated ed.). New Holland Publishers. p. 222. ISBN 9781860113970.
- ↑ Radicini, Ninni. "The Trinacria: History and Mythology | The Symbol of the Hellenic Nature of Sicily | Article by Ninni Radicini." The Trinacria: History and Mythology | The Symbol of the Hellenic Nature of Sicily | Article by Ninni Radicini. N.p., n.d. Web. 9 de novembro de 2014.
- ↑ "Sicily Flags and Symbols and National Anthem". www.worldatlas.com. 16 de marzo de 2021.