Bantú Mama

Bantú Mama
Ficha técnica
Título orixinalBantú Mama
DirectorIván Herrera
Produtor
  • Iván Herrera[1]
  • Clarisse Albrecht[2]
  • Nicolas LaMadrid
  • Franmiris Lombert
Guión
  • Clarisse Albrecht
  • Ivan Herrera
Intérpretes
  • Clarisse Albrecht
  • Scarlet Reyes
  • Euris Javiel
  • Arturo Perez
  • Donis Taveras
Música
  • Mediumship Music
  • LS
  • Boddhi Satva
FotografíaSebastián Cabrera Chelin
MontaxePablo Chea
Israel Cárdenas
Estudio
  • Point Barre[1]
  • Basecamp Studio
  • Aurora Dominicana
Distribuidora
EstreaSXSW: 16 de marzo de 2021
Duración77 minutos
Orixe República Dominicana
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt13834196 Rottentomatoes: m/bantu_mama Editar o valor en Wikidata

Bantú Mama é un filme dominicano de 2021 dirixido por Iván Herrera e escrito por Herrera e Clarisse Albrecht. Foi producido por Iván Herrera, Clarisse Albrecht, Nicolas LaMadrid e Franmiris Lombert,[4] e foi rodado na República Dominicana, Francia e o Senegal. O filme conta a historia de Emma (Clarisse Albrecht), unha muller francesa de ascendencia africana que consegue fuxir tras ser detida na República Dominicana. Refúxiase no barrio máis perigoso de Santo Domingo, onde é acollida por un grupo de nenos (Scarlet Reyes, Euris Javiel e Arturo Pérez). Ao converterse na súa protexida e figura materna, experimenta un cambio inimaxinable no seu destino.

Foi escollido como candidato da República Dominicana para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[5] mais finalmente non foi nomeado. ARRAY adquiriu os dereitos de distribución nos Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Australia e Nova Zelandia, e estreouse en Netflix o 17 de novembro de 2022.[6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos