Barret Oliver
Nome orixinal | Barret Oliver Spencer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de agosto de 1973 ![]() Os Ánxeles, Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión, actor infantil, fotógrafo, actor de cinema ![]() |
Período de actividade | 1981 ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Barret Oliver Spencer, nado o 24 de agosto de 1973, é un fotógrafo e actor estadounidense. Retirouse da escena en 1990 e nunca participou en filmes sendo maior de idade.
Traxectoria
Debutou en 1982, nos dous primeiros capítulos de Knight Rider. Dous anos despois, protagonizou a curtametraxe de media hora de duración Frankenweenie, filme polo que Tim Burton foi despedido de Disney, e que do que fixo unha versión en 2012 a mesma compañía.[1] Oliver participou tamén na serie de televisión The Incredible Hulk.
É coñecido por ter interpretado ao personaxe de Bastian Balthazar Bux na adaptación cinematográfica da novela Die Unendliche Geschichte de Michael Ende.
Tamén tivo papeis destacados en: D.A.R.Y.L., polo que recibiu un premio Saturn, en Cocoon e Cocoon: The Return.[2]
Vida familiar
Sinalouse que o seu pai foi membro da Ciencioloxía, e que el mesmo participou na organización xuvenil cienciolóxica Sea Org.[3][4]
Notas
- ↑ "Frankenweenie, the short-film that got Tim Burton fired". filmstories.co.uk.
- ↑ "Barret Oliver". IMDb (en inglés). Consultado o 2024-07-14.
- ↑ "Barret Oliver Archive: Barret's Departure and Legacy". Barret Oliver Archive. Consultado o 2024-07-14.
- ↑ Growing Up In Scientology (2023-07-18). ""NeverEnding Story" Star Joined Scientology's Sea Organization; Barret Oliver". YouTube. Consultado o 2024-07-14.
----
![]() |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |