Battle for the Planet of the Apes
Battle for the Planet of the Apes | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Battle for the Planet of the Apes |
Director | J. Lee Thompson |
Produtor | Arthur P. Jacobs |
Guión | John William Corrington Joyce Hooper Corrington |
Baseado en | Personaxes de Pierre Boulle |
Intérpretes | Roddy McDowall Claude Akins Natalie Trundy Severn Darden Lew Ayres Paul Williams John Huston |
Música | Leonard Rosenman |
Fotografía | Richard H. Kline |
Montaxe | Alan L. Jaggs John C. Horger |
Estudio | APJAC Productions |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 1973 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Ficción científica, Fantástico |
Orzamento | $1 700 000[1] |
Recadación | $8 844 595[2] |
Filme anterior | Conquest of the Planet of the Apes |
Na rede | |
http://www.foxmovies.com/movies/battle-for-the-planet-of-the-apes | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Battle for the Planet of the Apes é un filme estadounidense dirixido por J. Lee Thompson que se estreou en 1973.
Sinopse
Caesar, o simio que capitaneou a revolta contra a raza humana, é un benévolo gobernante que fomenta a convivencia coa humanidade, a pesar das protestas do xefe militar dos simios, o Xeneral Aldo (Claude Akins). Os homes, superviventes dun holocausto nuclear que case os destrúe, son considerados cidadáns de segunda clase. Caesar decide realizar unha viaxe á "Cidade Prohibida" co humano MacDonald (Austin Stoker) e o sabio Virgil (Paul Williams) na busca dunhas cintas nas que estaría gravada a morte do seus pais. Aínda que Caesar atopa o que está buscando, capta a atención de homes mutantes que se encontran na devastada zona de guerra. De regreso a casa comeza unha dura batalla na que o Xeneral Aldo desafía a autoridade de Caesar. Simios e humanos enfrontaranse para decidir quen gobernará o planeta.
Personaxes
- Roddy McDowall como Caesar
- Claude Akins como Aldo
- Natalie Trundy como Lisa
- Serven Darden como Kolp
- Austin Stoker como MacDonald
- John Huston como Líder dos macacos e narrador da historia
- Len Ayres como Mandemus
- Paul Williams como Virgil
Notas
- ↑ Solomon, Aubrey. Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History (The Scarecrow Filmmakers Series). Lanham, Maryland: Scarecrow Press, 1989. ISBN 978-0-8108-4244-1. p257
- ↑ "Battle for the Planet of the Apes, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 27 de maio de 2012.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)