Ben Ainslie
Ben Ainslie | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1977 |
Lugar de nacemento | Macclesfield |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Peter Symonds College, Truro School e Terra Nova School |
Ocupación | regatista |
Cónxuxe | Georgie Thompson |
Premios | Comandante da Orde do Imperio Británico e Knight Bachelor |
Na rede | |
https://benainslie.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Charles Benedict Ainslie, nado en Macclesfield o 5 de febreiro de 1977, é un deportista británico que competiu en vela nas clases Laser, Laser Radial e Finn.
Participou en cinco Xogos Olímpicos, en que obtivo en total cinco medallas: prata en Atlanta 1996 (clase Laser), ouro en Sydney 2000 (clase Laser), ouro en Atenas 2004 (clase Finn), ouro en Pequín 2008 (clase Finn) e ouro en Londres 2012 (clase Laser).[1]
En catro ocasión foi nomeado Regatista Mundial do Ano pola Federación Internacional de Vela (1998, 2002, 2008 e 2012).[2]
Traxectoria
Vela olímpica
En 2012 conseguiu a súa quinta medalla consecutiva en cinco Xogos Olímpicos disputados, igualando en número de medallas olímpicas neste deporte a Torben Grael e superando a Paul Elvstrøm, que era o único con catro medallas de ouro.[3]
Copa América
No ano 2000, despois de gañar o ouro olímpico en Sydney, debutou na Copa América co equipo do OneWorld Challenge. En 2004 incorporouse ao Team New Zealand como táctico na campaña da Copa América, para pasar a continuación a ser o temoneiro do barco "B" de adestramento.[4]
Participou na Copa América 2013 como táctico do Oracle Challenge, substituíndo a John Kostecki na sexta regata. O seu equipo adxudicouse a Copa ao vencer o Team New Zealand por 9 a 8 regatas.[5]
En 2014 anunciou a formación dun equipo para representar o Real Escuadrón de Iates na Copa América 2017. Ese equipo, o Ben Ainslie Racing, clasificouse para as semifinais (Challenger Playoffs) da Copa, mais perdeu por 5 a 2 ante o Team New Zealand na eliminatoria ao mellor de nove regatas.[6]
Palmarés internacional
Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1996 | Atlanta ( Estados Unidos) | Prata | Laser |
2000 | Sydney ( Australia) | Ouro | Laser |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1996 | Simon's Town ( Suráfrica) | Bronce | Laser |
1997 | Algarrobo ( Chile) | Bronce | Laser |
1999 | Melbourne ( Australia) | Ouro | Laser |
2000 | Cancún ( México) | Bronce | Laser |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1996 | Quiberon ( Francia) | Ouro | Laser |
1997 | Cascais ( Portugal) | Bronce | Laser |
1998 | Breitenbrunn ( Austria) | Prata | Laser |
1999 | Helsinqui ( Finlandia) | Ouro | Laser |
2000 | Warnemünde ( Alemaña) | Ouro | Laser |
Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1993 | Takapuna ( Nova Zelandia) | Ouro | Laser Radial |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1992 | Mariestad ( Suecia) | Prata | Laser Radial |
1993 | Cagliari ( Italia) | Ouro | Laser Radial |
Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
2004 | Atenas ( Grecia) | Ouro | Finn |
2008 | Pequín ( China) | Ouro | Finn |
2012 | Londres ( Reino Unido) | Ouro | Finn |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
2002 | Atenas ( Grecia) | Ouro | Finn |
2003 | Cádiz ( España) | Ouro | Finn |
2007 | Río de Xaneiro ( Brasil) | Ouro | Finn |
2005 | Moscova ( Rusia) | Ouro | Finn |
2008 | Melbourne ( Australia) | Ouro | Finn |
2012 | Falmouth ( Reino Unido) | Ouro | Finn |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
2002 | Çeşme ( Turquía) | Ouro | Finn |
2003 | Marstrand ( Suecia) | Ouro | Finn |
2004 | La Rochelle ( Francia) | Prata | Finn |
2005 | Kalmar ( Suecia) | Ouro | Finn |
2008 | Scarlino ( Italia) | Ouro | Finn |
Vida persoal
Ainslie vive en Seaview na illa de Wight e pertence ao Sea View Yacht Club e é membro honorario do Royal Yacht Squadron. Foi adestrado por David (Sid) Howlett, que participou nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 na clase Finn.[7] É seguidor do Chelsea.[8]
En agosto de 2014, foi unha das duascentas figuras públicas que asinaron unha carta a The Guardian en que expresaban a súa esperanza de que Escocia votase para permanecer no Reino Unido no referendo de independencia de setembro de 2014.[9]
O 20 de decembro de 2014, Ainslie casou coa antiga presentadora de Sky Sports News Georgie Thompson.[10] A parella ten unha filla, Bellatrix, nada en 2016.[11][12]
Notas
- ↑ «Ben Ainslie» Arquivado 18 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) (en inglés).
- ↑ «Rolex World Sailor of the Year Awards» Arquivado 06 de xullo de 2019 en Wayback Machine.. Páxina web da ISAF (en inglés).
- ↑ «Ben Ainslie wins fourth Olympics sailing gold medal». BBC Sport, 5 de agosto de 2012 (en inglés).
- ↑ «Ben Ainslie racing». The Telegraph, 10 de xuño de 2014 (en inglés).
- ↑ «America's Cup: Ben Ainslie's USA beat Team New Zealand in decider». BBC Sport, 25 de setembro de 2013 (en inglés).
- ↑ «Britain's America's Cup dream over as Sir Ben Ainslie's challenge ends in 5-2 defeat to New Zealand». The Telegraph, 8 de xuño de 2017 (en inglés).
- ↑ «David Howlett shines as Britain's 'medal maker'». The Telegraph, 22 de abril de 2008 (en inglés).
- ↑ Elaine Bunting (5 de agosto de 2012). "20 things about Ben Ainslie". yachtingworld.com. Consultado o 10 de agosto de 2012.
- ↑ "Celebrities' open letter to Scotland – full text and list of signatories | Politics". theguardian.com. 7 de agosto de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2014.
- ↑ "Ben Ainslie Marries". YBW. 23 de decembro de 2014. Consultado o 3 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Always Sunny in Ainslie Land". 26 de xullo de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2016.
- ↑ Sheridan, Emily (21 de xullo de 2016). "'Our little star has arrived': Sir Ben Ainslie and wife Georgie welcome their first child Bellatrix". Daily Mail. Consultado o 2 de agosto de 2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)
- Base de datos Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine. da ISAF (en inglés)
- Ben Ainslie Booking Agency Profile Arquivado 03 de maio de 2014 en Wayback Machine.
- Ainslie Olympic profile Arquivado 25 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.
- Interview for TF90M en Wayback Machine (archived 2008-09-19)
- National Maritime Museum Cornwall website