Ben Kenney
![]() (2012) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1977 ![]() Brielle, Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista ![]() |
Período de actividade | 1994 ![]() |
Xénero artístico | Rock alternativo ![]() |
Instrumento | Baixo e voz ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Benjamin Lee Kenney, Sr., nado o 12 de marzo de 1977, é un músico estadounidense procedente de Brielle, Nova Jersey, coñecido por ser o baixista da banda de rock alternativo Incubus.
Ben Kenney tocou a guitarra no grupo de hip hop The Roots antes de unirse a Incubus no 2003, tras a saída do anterior baixista e fundador Alex Katunich. Anteriormente xa tocara cos membros de Incubus Mike Einziger e Jose Pasillas en Time Lapse Consortium.
Ben é coñecido por tocar alo menos seis instrumentos diferentes, e ás veces realiza duetos de batería con Jose Pasillas nos concertos de Incubus.
Tamén ten realizado traballos de estudio con outros artistas como Justin Timberlake, Faith Evans, Erykah Badu, Blackalicious, e cos produtores Timbaland e DJ Jazzy Jeff.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial Arquivado 01 de agosto de 2015 en Wayback Machine.