Beqa
Beqa | |
---|---|
Situación | |
País | Fidxi |
Provincia | Central |
Arquipélago | Grupo Viti Levu |
Mar | Mar de Koro |
Coordenadas | 18°14′S 178°05′L / -18.24, 178.08 |
Xeografía | |
Superficie | 36 km² |
Punto máis alto | 462 msm |
Beqa é unha illa das Fidxi, preto da illa principal de Viti Levu, 10 quilómetros ao sur. A illa ten unha superficie de 36 quilómetros cadrados e alcanza unha altitude máxima de 462 metros.
Tradición
Das 9 aldeas da illa, Dakuibeqa (a vila principal), Dakuni, Soliyaga Rukua son famosas pola tradición de andar sobre o lume.
Enerxía
O Fiyi Times informou o 25 de febreiro de 2006 que os máis de 3000 habitantes dos seis pobos e os cinco resorts estaban explorando xeitos de atopar unha fonte confiable de enerxía para Bekaa. Estabanse considerando as enerxías eólica e solar, así como o tendido dun cable a través do Estreito de Beqa desde a parte continental.
Economía
A principal fonte de ingresos de Beqa é o turismo, conta con 4 resorts: Lawaki Beach House, Beqa Lagoon Resort (antes Marlin Bay Resort), Kulu Bay Resort, Lalati Resort e nun illote fronte a Beqa (chamado Steward Island) o máis ou menos exclusivo Royal Davui Resort. Actualmente, non hai outros Resorts previstos en Beqa.
Existen algunhas empresas agrícolas a pequena escala que cunha mellor infraestrutura poderían ser ampliadas e convertidas nunha fonte de ingresos máis grande para os distintos pobos da Beqa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
- Lawaki Beach House. "About Beqa Island". Información xeral. (En inglés).
- Fiji.islands-travel.com. "Beqa Island Travel Guide". Información xeral. (En inglés).
- Wikimapia.org. Imaxe satelital.