Berkshire

Localización do condado de Berkshire.
Municipios do condado:
1. West Berkshire (Unitario)
2. Reading (Unitario)
3. Wokingham (Unitario)
4. Bracknell Forest (Unitario)
5. Windsor and Maidenhead (Unitario)
6. Slough (Unitario)

Berkshire é un condado do suroeste de Inglaterra, no Reino Unido. Ocupa unha área de 1262 km² e unha poboación (2003) de 803.657 habitantes. A súa capital é Reading.

O condado atópase ao oeste de Londres. Limita cos condados de Oxfordshire, Buckinghamshire, Gran Londres, Surrey, Wiltshire e Hampshire. Tamén recibe o nome de Berkshire real, título que se fixo oficial en 1930.

Cidades principais

A maior cidade en poboación de Berkshire é Reading, aínda que a máis histórica das súas cidades sexa probablemente Windsor, onde a raíña Elizabeth II posúe unha residencia. Outras localidades importantes son:

  • Slough
  • Maidenhead
  • Bracknell
  • Newbury

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.