Bernard Estardy

Modelo:BiografíaBernard Estardy
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Charenton-le-Pont, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte16 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Outros nomesThe Baronet Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica pop, música dance electrónica, música popular e música electrónica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro de son, organista, pianista, compositor, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm8723706 Musicbrainz: 7db3b397-50c5-4092-87e5-60d1dae96b80 Discogs: 273983 Editar o valor en Wikidata

Bernard Estardy, coñecido como Le Baron, nado na vila de Charenton-le-Pont (Val do Marne) o 19 de setembro de 1939 e finado en París o 16 de setembro de 2006, foi un compositor, icónico arranxador e enxeñeiro de son francés de sona internacional asociado á música electrónica, música experimental, dance e música disco. Foi agraciado coa Orde das Artes e das Letras co rango de Chevalier no ano 1985 e cun Disque D'Or no 1976.[1]

Traxectoria

Bernard Estardy comezou tocando en clubs de jazz parisienses como mozo de acompañamento durante os seus estudos de enxeñeiro de camiños, nesa carreira inicial chegou a traballar con invitados do club destacados como Nancy Holloway vedette do Mars club, Bill Coleman ou Nancy Sinatra. Despois desta especialización no piano desde o ano 1956 ao 1960 comezou a traballar como organista para Nino Ferrer e crear os riffs de cancións clásicas francesas como "Mirza" ou "Les Cornichons".

Estardy cofundou o CBE Studio en 1969 e foi o seu enxeñeiro de son xefe permanente, un dos estudios lendarios de París. Alí graváronse as cancións e discos máis populares do repertorio francés desde "Comment Te Dire Adieu" de François Hardy ata "La Mort d'Orion" de Gérard Manset, Bert Jansch ou Lee Hazlewood visitaron e colaboraron asiduamente no estudio. CBE foi o estudio promotor de moitos grandes artistas desde Johnny Hallyday ata Serge Gainsbourg, en total atribúese que Estardy traballou como enxeñeiro de son en álbums que en suma superaban os 400 millóns de vendas discográficas en todo o mundo. [2]

Estardy foi pioneiro da música electrónica francesa coa introdución de instrumentos analóxicos no CBS como o Korg Polyphonic Ensemble, o RMI Keyboard Computer, o E-MU Drumulator, o Melltron ou o Tubon. O seu estilo de arranxos e de enxeñeiro de son popularizouse como a La Formule du Baron ou Le Sifflet du Baron, chegou a publicar un disco con ese nome LA FORMULE DU BARON. Bernard Estardy (CBS, 1968). Atraídos polo seu estilo de electrónica experimental gravou con Bernard Menez, Thierry Hazard, Bibie, Marc Lavoine, Jairo, Patricia Kaas, Claude Barzotti, Peter et Sloane, Jean Guidoni, Herbert Léonard, Pierre Bachelet, Jean-Jacques Lafon, Gérard Berliner, Lara Fabian, Didier Barbelivien, Félix Gray, Michel Sardou, Carlos e Gérard Lenorman. [3]

Bandas sonoras

Estardy compuxo cancións das bandas sonoras de Starship Troopers (1997), The Butterfly Effect (2004) e Le Bébête Show (1982).[4]

Notas

  1. "Costumes et tenues des plus grands artistes" (PDF). 19 de marzo de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2024. 
  2. "Fragments D'une Empreinte Magnetique". Consultado o 13 de outubro de 2024. 
  3. "The Jazz Organ Scene". Consultado o 13 de outubro de 2024. 
  4. "IMDB Bernard Estardy". Consultado o 13 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas