Bernardo Leighton
Bernardo Leighton | |
---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1909 |
Lugar de nacemento | Nacimiento |
Falecemento | 26 de xaneiro de 1995 |
Lugar de falecemento | Santiago de Chile |
Causa | doenza cardiovascular |
Soterrado | Parque del Recuerdo |
Nacionalidade | Chile |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Pontificia Universidade Católica de Chile e Colegio San Ignacio |
Ocupación | político e avogado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bernardo Leighton Guzmán, nado o 16 de agosto de 1909 e finado en Santiago de Chile o 26 de xaneiro de 1995, foi un político chileno, un dos fundadores da Democracia Cristiá.
Traxectoria
Fillo de Bernardino Leighton Gajardo e de Sinforosa Guzmán Gallegos. Como dirixente universitario xogou un importante papel nas mobilizacións que culminaron co derrocamento de Carlos Ibáñez del Campo, en 1931. O mesmo ano foi enviado polo ministro do Interior, Marcial Mora, a Coquimbo, co fin de evitar que a chamada Sublevación de la Escuadra fose apoiada pola poboación civil local.
En 1937 foi nomeado ministro do Traballo polo presidente Arturo Alessandri Palma. Xunto a Eduardo Frei Montalva, Rafael Agustín Gumucio, Manuel Garretón, Radomiro Tomic e outros, funda a Falange Nacional, futuro partido Demócrata Cristián.
Durante o goberno de Eduardo Frei Montalva ocupa o cargo de ministro do interior. Tras isto foi elixido deputado por Santiago en 1969 e reelixido en 1973.
Exiliado polo Réxime militar por intentar achegar a DC con partidos de esquerdas para fortalecer a oposición ao réxime, o 5 de outubro de 1975 el e a súa muller sufriron un atentado en Roma, quedando parapléxico para sempre, por parte de neofascistas italianos en asociación con Stefano delle Chiaie, que nese entón traballaba para a DINA, o organismo de represión do réxime militar chileno. Segundo documentos desclasificados da CIA, Stefano delle Chiaie atopara antes ao axente da DINA Michael Townley e ao Cubano Virgilio Paz Romero (un compañeiro de Luís Posada Carriles), para preparar o atentado contra Leighton.[1]
En 1978 permitíuselle a volta ao país, onde se retirou á vida privada. Morreu o 26 de xaneiro de 1995.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Partido Demócrata Cristián de Chile.
- Eduardo Frei Montalva.
- Grupo dos Trece.