Beyond: Two Souls
Beyond: Two Souls | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Quantic Dream |
Distribuidora(s) | Sony Computer Entertainment |
Director(es) | David Cage |
Produtor(es) | Guillaume de Fondaumiere Ray Khalastchi [1] |
Artista(s) | François Baranger Benoit Godde |
Compositor(es) | Lorne Balfe |
Lanzamento | NA: 8 de outubro de 2013 AUS: 9 de outubro de 2013 EU: 11 de outubro de 2013 XAP: 17 de outubro de 2013 |
Xénero | Drama interactivo, acción e aventuras |
Modos de xogo | Un xogador e dous xogadores |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | PlayStation 3 PlayStation 4 Microsoft Windows |
Formato(s) | Blu-ray |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Beyond: Two Souls é un videoxogo de drama interactivo e acción desenvolvido por Quantic Dream exclusivamente para PlayStation 3, PlayStation 4 e Microsoft Windows. Foi lanzado o 8 de outubro de 2013 en Norte América, o 9 de outubro de 2013 en Australia, o 11 de outubro de 2013 en Europa e o 17 de outubro de 2013 no Xapón.
A historia do xogo está protagonizada por Jodie Holmes, un dos dous personaxes xogables. O outro é un espírito chamado Aiden: unha alma ligada con Jodie dende o seu nacemento. Jodie é interpretada polo actor Elliot Page, que presta a súa voz e intepretación mediante a captura de movementos. Willem Dafoe coprotagoniza a historia interpretando a Nathan Dawkins, un investigador do Departamento de Actividades Paranormais, así como a figura paterna de Jodie.
Beyond: Two Souls foi presentado no Festival de Cine de Tribeca. Recibiu valoracións maioritariamente positivas por parte da crítica. As vendas do xogo chegaron a máis dun millón de copias a finais de 2013.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial Arquivado 28 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)