Bieito XI, papa

Bieito XI
Nacemento1240
Lugar de nacementoTreviso
Falecemento15 de xullo de 1304 e 7 de xullo de 1304
Lugar de falecementoPerugia
Causaveleno
SoterradoCatedral de Perúgia
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
Período1303 e 1304
Coñecido porser o papa n° 194 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Boccasio-1 Find a Grave: 8816030 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bieito XI, nado en Valdobbiadene en 1240 e finado en Perugia o 7 de xullo de 1304, foi o Papa nº 194 da Igrexa católica, entre 1303 e 1304.

Traxectoria

Chamábase Nicola Boccasini. Ingresou con 14 anos na orde dominicano en Venecia. Destacou pola súa intelixencia como mestre. Foi nomeado prior da Lombardía, e en 1296 o noveno de superior xeral da orde dos Predicadores. Polas súas calidades estivo encargado dunha delicada misión diplomática en Flandres, onde obtivo éxito. A continuación Bonifacio VIII nomeouno cardeal en 1298. Foi bispo de Ostia. Na controversia co rei Filipe o Fermoso de Francia, é un dos cardeais que permaneceu fiel a Bonifacio VIII, co que se refuxiou no castelo de Anagni, sendo feito prisioneiro e forzado sen éxito a abdicar. Á morte de Bonifacio VIII, foi elixido Papa en outubro de 1303.

Moito máis pacífico que o seu antecesor, o seu breve pontificado iniciouse coa absolución da excomuñón ditada contra Filipe o Fermoso de Francia, pero negouse sistematicamente a perdoar os autores materiais da ofensa sufrida polo seu predecesor en Anagni, excomungando tanto a Guillaume de Nogaret, conselleiro do rei francés, como a Sciarra Colonna.

Tras oito meses de pontificado, morreu en xullo de 1304, ó parecer envelenado por orde de Guillaume de Nogaret.

Dos seus oito meses de pontificado, coñécese a anécdota de que a súa nai, pobre e viúva, foi visitalo, para o que foi vestida apropiadamente para ser recibida polo Papa. Este, ó vela, protestou por no recoñecer á pía dama, humildemente vestida, á que tanto quería.

Foi beatificado en abril de 1736 por Clemente XII. O seu nome foi introducido no martiroloxio romano por disposición de Bieito XIV en 1748. A súa festividade ten lugar o 7 de xullo.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Concionator patareus (O predicador de Patara), cita que fai referencia á súa pertenza á Orde dos Predicadores.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.