Bloque de apartamentos

Un bloque de apartamentos ou bloque de pisos[1] é un edificio alto construído cunha finalidade residencial, aínda que neles tamén se poden atopar oficinas, almacéns ou locais comerciais nos baixos.
Os bloques de apartamentos teñen vantaxes económicas e técnicas nas áreas cunha densidade de poboación alta. En contraste coas vivendas unifamiliares e os edificios baixos, os bloques de pisos acollen máis habitantes nunha área reducida de terra e reduce o custo das infraestruturas municipais.
A construción de edificios altos xeralizouse en todo o mundo trala invención do ascensor e co emprego de materiais de construción baratos e abundantes como o formigón armado.
Notas
- ↑ González Rodríguez, Alberte; Martínez García, Santiago A., eds. (2004). "Capítulo 1: Urbanismo". Diccionario visual da construción (PDF). Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Cidade. Rueiro de casas - 1.15. ISBN 84-85665-63-5. Consultado o 29-01-2021.