Bobadilla é un pequeno municipio da Rioxa, en España. Pertencente á comarca de Nájera e por el transcorre o río Najerilla.
Historia
Fáiselle referencia nunha acta matrimonial entre Iñigo Ortiz de Zúñiga e Juana, filla bastarda do rei Carlos III, de 8 de marzo de 1396, na que o pai do noivo dotou o seu fillo con diversas localidades, entre elas Baños de Rioja, Bobadilla, Clavijo e Huércanos.[1]
Xeografía
O municipio limita ao norte con Baños de Río Tobía (a 1,9 km do núcleo urbano), ao leste con Ledesma de la Cogolla (a 2,7 km do núcleo urbano) e Pedroso (a 3,3 km do núcleo urbano), ao sur con Anguiano e ao oeste con Matute.
Igrexa parroquial de San Xoán Bautista: foi construída entre os séculos XIV e XV. A súa torre e fachada foron restauradas en 2006.
Pazo do Conde de Avellanosa.
Xunto ao río Najerilla encóntrase unha área recreativa e o Puente mocho.
Arco con escudo
Deporte
Anualmente, o último sábado de abril realízase unha marcha nocturna a pé duns 63 km que parte de Logroño cara ao mosteiro de Valvanera, coñecida como a Valvanerada. A localidade colabora na súa organización repartindo avituallamento.
Festividades
Festival da troita, en xuño, que vense realizando dende 1980. Está organizada pola Asociación Española de Piscicultores e nela repártense uns 4.000 bolos de pan con troita e xamón, ademais de realizarse concursos gastronómicos e bailes de danzadores.
Festas de San Xoán.
Festas de Gracias. Nelas realízanse danzas na honra da Virxe de Valvanera. A fin de semana seguinte sóbese ao Mosteiro de Valvanera, onde se ofician actos relixiosos, iotas e realízase unha comida de irmandade na que os monxes do mosteiro ofrecen paella aos visitantes en sinal da unidade do pobo.
Ábalos·Agoncillo·Aguilar del Río Alhama·Ajamil de Cameros·Albelda de Iregua·Alberite· Alcanadre ·Aldeanueva de Ebro· Alesanco · Alesón ·Alfaro· Almarza de Cameros · Anguciana ·Anguiano· Arenzana de Abajo · Arenzana de Arriba · Arnedillo ·Arnedo· Arrúbal · Ausejo ·Autol· Azofra ·Badarán· Bañares · Baños de Río Tobía · Baños de Rioja · Berceo · Bergasa · Bergasillas Bajera · Bezares ·Bobadilla· Brieva de Cameros · Briñas · Briones · Cabezón de Cameros ·Calahorra· Camprovín · Canales de la Sierra · Canillas de Río Tuerto · Cañas · Cárdenas · Casalarreina ·Castañares de Rioja· Castroviejo · Cellorigo ·Cenicero·Cervera del Río Alhama· Cidamón · Cihuri · Cirueña · Clavijo · Cordovín · Corera · Cornago · Corporales · Cuzcurrita de Río Tirón · Daroca de Rioja · Enciso ·Entrena· Estollo ·Ezcaray· Foncea ·Fonzaleche·Fuenmayor· Galbárruli · Galilea · Gallinero de Cameros · Gimileo · Grañón · Grávalos ·Haro· Herce · Herramélluri · Hervías · Hormilla · Hormilleja · Hornillos de Cameros · Hornos de Moncalvillo · Huércanos · Igea · Jalón de Cameros · Laguna de Cameros · Lagunilla del Jubera ·Lardero· Ledesma de la Cogolla · Leiva · Leza de Río Leza ·Logroño· Lumbreras · Manjarrés · Mansilla de la Sierra · Manzanares de Rioja · Matute · Medrano · Munilla · Murillo de Río Leza · Muro de Aguas · Muro en Cameros ·Nájera·Nalda· Navajún ·Navarrete· Nestares · Nieva de Cameros · Ochánduri · Ocón · Ojacastro · Ollauri ·Ortigosa de Cameros· Pazuengos · Pedroso · Pinillos ·Pradejón· Pradillo · Préjano · Quel · Rabanera · El Rasillo de Cameros · El Redal · Ribafrecha ·Rincón de Soto· Robres del Castillo · Rodezno · Sajazarra · San Asensio ·San Millán de la Cogolla· San Millán de Yécora · San Román de Cameros · San Torcuato · San Vicente de la Sonsierra · Santa Coloma · Santa Engracia del Jubera · Santa Eulalia Bajera ·Santo Domingo de la Calzada· Santurde de Rioja · Santurdejo · Sojuela · Sorzano · Sotés · Soto en Cameros · Terroba · Tirgo · Tobía · Tormantos · Torre en Cameros ·Torrecilla en Cameros· Torrecilla sobre Alesanco · Torremontalbo · Treviana ·Tricio· Tudelilla · Uruñuela · Valdemadera · Valgañón · Ventosa · Ventrosa · Viguera · Villalba de Rioja · Villalobar de Rioja ·Villamediana de Iregua· Villanueva de Cameros · El Villar de Arnedo · Villar de Torre · Villarejo · Villarroya · Villarta-Quintana · Villavelayo · Villaverde de Rioja · Villoslada de Cameros · Viniegra de Abajo · Viniegra de Arriba · Zarratón · Zarzosa · Zorraquín