Borussia Dortmund

Borussia Dortmund
NomeBallspiel-Verein Borussia
09 e.V. Dortmund
Alcume(s)Die Borussen
Die Schwarzgelben
Fundación19 de decembro de 1909 (114 anos)
EstadioSignal Iduna Park,
Dortmund, Alemaña
Inauguración2 de abril de 1974
Capacidade81.365
PresidenteAlemaña Reinhard Rauball
AdestradorAlemaña Edin Terzić
Liga1. Bundesliga
2021/22
VestimentaPuma
PatrocinadorEvonik Industries
Na rede
http://www.bvb.de/
Facebook: BVB Twitter: BVB Instagram: bvb09 Youtube: UCK8rTVgp3-MebXkmeJcQb1Q TikTok: bvb Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Ballspielverein Borussia 09 e. V. Dortmund (ás veces abreviado como BVB ou BVB 09), normalmente coñecido como Borussia Dortmund, é un club profesional de fútbol da cidade alemá de Dortmund no estado de Renania do Norte-Westfalia. Foi fundado o 19 de decembro de 1909 e xoga na 1. Bundesliga, máxima categoría do fútbol xermano.

O Borussia é un dos clubs con máis éxito da historia do fútbol alemán, ademais do actual campión da Bundesliga. En total gañou sete campionatos de Liga, dúas Copas, catro Supercopas (récord no fútbol alemán), unha Copa de Europa, unha Copa da UEFA, unha Recopa e unha Copa Intercontinental. O seu título da Recopa da UEFA en 1966 converteunos no primeiro equipo xermano en gañar un título europeo. Dende 1974, o Dortmund xoga os seus partidos como local no Signal Iduna Park, o estadio máis grande de Alemaña e o sexto de Europa. O principal rival do Dortmund é o Schalke 04, co que xoga o partido coñecido como Ruhrgebiet (lit. Derby do Ruhr).

Historia

Primeiros anos

En novembro de 1901 foi fundada unha organización xuvenil baixo a parroquia católica da "Trindade" (en alemán Dreifaltigkeit). O 19 de decembro de 1909 un grupo deses mozos, descontentos coa supervisión da parroquia onde se xogaba ao fútbol baixo a mirada severa do sacerdote, fundaría o club. O Padre Dewald, enfadado, tratou de impedir a xuntanza, que se estaba a celebrar nunha sala do pub local Zum Wildschütz, pero foi bloqueado na porta. Os fundadores foron Franz e Paul Braun, Henry Cleve, Hans Debest, Paul Dziendzielle, Julius e Wilhelm Jacobi, Hans Kahn, Gustav Müller, Franz Risse, Fritz Schulte, Hans Siebold, August Tönnesmann, Heinrich e Robert Unger, Fritz Weber e Franz Wendt. O nome Borussia (en latín Prusia), podería ter sido tomado da cervexa Borussia da próxima fábrica de cervexa homónima de Dortmund.

O equipo comezou xogar con camisas de raias azuis e brancas, cunha franxa vermella, e pantalón negro. En 1913 comezaron a utilizar raias negras e amarelas, tan familiares hoxe en día. Nas seguintes décadas o club tivo un éxito moderado xogando en ligas locais. En 1929 rozou a bancarrota cando, nunha tentativa por impulsar o club, comezouse a pagar a futbolistas profesionais. Isto fracasou estrepitosamente deixando ao equipo afundido en débedas. Sobreviviron grazas á xenerosidade de seareiros do club que cubriron o déficit do equipo do seu propio peto.

A década de 1930 viu o alzamento do Terceiro Reich, que reestruturou as organizacións deportivas do país, incluído o fútbol, para adaptarse aos obxectivos do réxime. O presidente do Borussia foi substituído cando se negou a unirse ao partido nazi, e un par de membros que utilizaron subrepticiamente as oficinas do club para producir panfletos antinazis foron executados nos últimos días da guerra. O club comezou a ter bos resultados na recentemente creada Gauliga Westfalen, aínda que tería que esperar até despois da segunda guerra mundial para conseguir algo grande. Foi durante este tempo cando o Borussia desenvolveu a súa intensa rivalidade co Schalke 04 da veciña cidade de Gelsenkirchen, o equipo máis laureado da época. Como tódalas outras organizacións alemás da época, a Borussia foi disoluta polas autoridades de ocupación aliadas despois da guerra nun intento de distanciar as institucións do pasado nazi. Houbo un breve intento de fusionar o club con outros dous - Werksportgemeinschaft Hoesch e Freier Sportverein 98 - como Sportgemeinschaft Borussia von 1898, pero foi como Ballspiel-Verein Borussia (BVB) que fixeron a súa primeira aparición na final nacional de Stuttgart en 1949, onde perderon por 2 a 3 contra o VfR Mannheim na prórroga.

Club de elite

A West Oberliga, unha liga de primeira división na que xogaba o Borussia, dominou o fútbol alemán durante finais dos anos 1950. O club conseguiu o seu primeiro título nacional en 1956 cun 4-2 contra o Karlsruher SC. Un ano máis tarde, o Borussia gañou con exactamente o mesmo equipo o seu segundo título nacional. Despois deste triunfo os tres Alfred (Alfred Preißler, Alfred Kelbassa e Alfred Niepieklo) convertéronse en lendas en Dortmund. En 1963 o Borussia Dortmund gañou a última final antes da creación da Bundesliga ante o 1. FC Köln. Foi o seu terceiro título nacional.

O Borussia gañou en 1963 o seu lugar entre os equipos escollidos para xogar na nova liga profesional creada pola Federación Alemá de Fútbol (DFB). O primeiro gol do Borussia no campionato foi obra de Friedhelm Konietzka apenas no minuto un dun partido que finalmente perdería ante o Werder Bremen por 2 a 3. En 1965, os de Dortmund conquistaron a súa primeira Copa de Alemaña.

Ao ano seguinte conseguirían o primeiro título internacional para un club alemán, a Recopa de Europa. Pese ao gran triunfo continental, cedeu o liderado da liga ao perder catro dos últimos cinco partido do campionato, terminando segundo a tres puntos do campión, o 1860 München. Ironicamente gran parte do éxito dos muniqueses chegou por mor da fichaxe a última hora dun xogador do Borussia, Konietzka. Os anos 1970 caracterizáronse polos problemas financeiros e o descenso á segunda división en 1972, así como a apertura do seu actual estadio: o Signal Iduna Park (daquela coñecido como Westfalenstadion). O club conseguiu regresar á 1. Bundesliga en 1976, aínda que seguiu padecendo problemas financeiros durante os anos 1980. O BVB evitou descender de novo en 1986 ao gañar o decisivo terceiro partido da eliminatoria pola permanencia ante o Fortuna Köln, despois de terminar a tempada regular no décimo sexto posto. O Dortmund non volveu conseguiu ningún éxito significativo até o seu triunfo triunfo na Copa de Alemaña de 1989.

En 1993 o Burussia chega á final da Copa da UEFA, aínda que perde por 1 a 6 no global da eliminatoría ante a Juventus de Turín. A pesar deste resultado, o Borussia conseguiu ingresar unha gran cantidade de diñeiro, polo que os de Dortmund foron capaces de asinar aos xogadores que máis tarde os levarían numerosos títulos na década de 1990. O Dortmund gañou os campionatos da Bundesliga en 1995 e 1996, nun equipo no que destacaba Matthias Sammer, nomeado Futbolista Europeo do Ano nesa última tempada.

Ao ano seguinte, nunha memorable final da Liga de Campións da UEFA celebrada en Múnic, o Borussia enfrontouse á Juventus de Zinedine Zidane. Karl-Heinz Riedle puxo aos de Dortmund por diante no marcador tras un tiro baixo despois dun centro de Paul Lambert. Posteriormente Riedle faría outro gol, esta vez cabeceando un saque de esquina. Na segunda metade, Alessandro Del Piero achegou no marcador aos de Turín cun taconazo cara a atrás. Posteriormente un mozo de vinte anos nado en Dortmund, Lars Ricken, poría o definitivo 3 a 1 no marcador tras un pase de Andreas Möller tan só dezaseis segundos despois de entrar ao terreo de xogo. Posteriormente o Borussia gañaría aos brasileiros do Cruzeiro de Belo Horizonte na final da Copa Intercontinental de 1997.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón negro, medias raiadas amarelas e negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón amarela, medias raiadas negras e amarelas.

Provedor e patrocinadores

Provedor

  • 1974–1990: Adidas
  • 1990–2000: Nike
  • 2000–2004: Goool.de
  • 2004–2009: Nike
  • 2009–2012: Kappa
  • 2012–presente: Puma[1]

Patrocinadores

  • 1974–1976: Dortmund
  • 1976–1978: Samson (tabaco)
  • 1978–1980: Prestolith (pintura e laca)
  • 1980–1983: UHU (pegamento)
  • 1983–1986: Artic (xeados)
  • 1986–1997: Die Continentale (seguros médicos)
  • 1997–1999: s.Oliver (moda)
  • 1999–2005: E.ON (enerxía)
  • 2006–presente: Evonik (química e enerxía)

Estadio

Signal Iduna Park en Dortmund.

O Estadio do Borussia Dortmund é o Signal Iduna Park (antes chamado Westfalenstadion) que ten capacidade para 81.264 espectadores, sendo o estadio máis grande e de maior aforamento en Alemaña e un dos máis grandes de Europa. É considerado como un templo do Fútbol pola súa beleza arquitectónica e por ser un estadio histórico onde se viviron partidos memorables. É un estadio catalogado co nivel "cinco estrelas" que a UEFA outorga aos estadios máis modernos do vello continente.

Xogadores

Cadro actual

Posto País Xogador
1 POR Suíza Gregor Kobel
2 DEF España Mateu Morey
5 DEF Francia Dan-Axel Zagadou
7 MED Giovanni Reyna
8 MED Alemaña Mahmoud Dahoud
9 DIA Erling Håland
10 MED Bélxica Thorgan Hazard
11 DIA Alemaña Marco Reus Capitán
13 DEF Portugal Raphaël Guerreiro
14 DEF Alemaña Nico Schulz
15 DEF Alemaña Mats Hummels
16 DEF Suíza Manuel Akanji
Posto País Xogador
18 DIA Alemaña Youssoufa Moukoko
19 MED Alemaña Julian Brandt
21 DIA Países Baixos Donyell Malen
22 MED Inglaterra Jude Bellingham
23 MED Alemaña Emre Can
24 DEF Bélxica Thomas Meunier
25 POR Alemaña Luca Unbehaun
27 DIA Alemaña Steffen Tigges
28 MED Bélxica Axel Witsel
30 MED Alemaña Felix Passlack
36 DIA Alemaña Ansgar Knauff
39 MED Alemaña Marius Wolf

Palmarés

Torneos nacionais

  • 1. Bundesliga (8): 1955-56, 1956-57, 1962-63, 1994-95, 1995-96, 2001-02, 2010-11, 2011-12
  • Copa de Alemaña (5): 1964-65, 1988-89, 2011-12, 2016-17, 2020-21
  • Supercopa de Alemaña (6): 1989, 1995, 1996, 2013, 2014, 2019
  • Campionato de Alemaña Occidental (6): 1948, 1949, 1950, 1953, 1956, 1957
  • Campionato do Interior de Alemaña (4): 1990, 1991, 1992, 1999

Torneos rexionais

  • Liga de Westfalia: 1947

Torneos internacionais

Notas

  1. "PUMA announces partnership with Borussia Dortmund (BVB)". Puma AG. 26 de outubro de 2011. Consultado o 28 de novembro de 2011. 
  2. "First Team" (en English). bvb.de (Borussia Dortmund). Consultado o 12 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas