Boudhanath
Tipo | asentamento Stupa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Val de Katmandú | |||
Localización | ||||
División administrativa | Katmandú, Nepal | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 36 () m | |||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 1,27 ha zona de protección: 2,83 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural | |||
Data | 1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii), (iv) e (vi) | |||
Identificador | 121bis-005 | |||
Boudhanath (en devanágari: बौद्धनाथ), tamén chamado Boudha, Bouddhanath ou Baudhanath ou o Khāsa Caitya, é un dos lugares máis sagrados do budismo en Katmandú, Nepal. É coñecido como Khāsti en lingua newari, Jyarung Khasyor en lingua tamang ou como Bauddha polos modernos falantes de nepalés.[1] Está situado a 11 km do centro, na periferia ao noroeste de Katmandú. Trátase dunha das estupas esféricas máis grandes do Nepal, representando o mandala.[2]
A estupa budista de Boudhanath domina o horizonte. A antiga estupa é unha das maiores do mundo. A afluencia de grandes poboacións de refuxiados do Tíbet propiciou a construción de 50 gompas tibetanas (mosteiros) arredor do Boudhanath. Dende 1979, o Boudhanath é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Xunto co Swayambhunath, é un dos lugares máis populares para os turistas na área de Katmandú.
Galería de imaxes
-
Roda de rezo.
-
Imaxe de Buda no mosteiro.
-
Vista xeral.
Notas
- ↑ Snellgrove, David (1987). Shambhala Publications, ed. Indo-Tibetan Buddhism: Indian Buddhists and Their Tibetan Successors. 2 vols. Boston. p. 365. ISBN 0-87773-311-2.
- ↑ "Fables of Boudhanath and Changunarayan". nepalnews.com. Arquivado dende o orixinal o 09-02-2007. Consultado o 05-06-2013.
Véxase tamén
Bibliografía
- Dowman, Keith (1973). Tibetan Nyingma Meditation Center. Dharma Books., ed. The Legend of the Great Stupa and The Life Story of the Lotus Born Guru. Berkeley, California.
- Lama Anagarika Govinda (1976). Dharma Books, ed. Psycho-cosmic Symbolism of the Buddhist Stūpa. Berkeley, California. ISBN 0-913546-36-4.
Outros artigos
- Kora (peregrinación)
- Swayambhunath
- Budismo tibetano
Ligazóns externas
- Boudhanath Arquivado 03 de xuño de 2013 en Wayback Machine. en www.weallnepali.com Arquivado 06 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Imaxes do BoudhanathArquivado 29 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en alemán)