Braulio de Zaragoza

Braulio de Zaragoza
Nacementoc. 590
Lugar de nacementoCesaracosta
Falecemento651
Lugar de falecementoCesaracosta
NacionalidadeReino visigodo de Toledo
RelixiónIgrexa católica
Alma máterAbbey of Santa Engracia
Ocupaciónsacerdote católico, escritor e bispo católico romano
editar datos en Wikidata ]

Braulio de Zaragoza, tamén coñecido coa variante Boulo[1], nado en Zaragoza arredor do ano 590 e finado na mesma cidade en 651, foi un escritor e bispo visigodo de Zaragoza na Hispania posromana.

Traxectoria

Foi bispo de Zaragoza desde 631 a 651, en cuxa sede sucedeu ao seu irmán Xoán (619-631). Ademais, foi un dos intelectuais máis destacados da España visigoda.[2][3] Tivo relación con Isidoro de Sevilla, de quen catalogou as súas Etimoloxías, ás que lle puxo títulos e dividiu en capítulos. Consérvanse numerosas epístolas que dan idea da fecunda comunicación que mantiveron.

Escribiu unha Vida de San Millán de la Cogolla (h. 640) e un valioso himno en loor do mesmo santo, que está considerado como un dos mellores poemas do período visigodo.[4] Foi o seu discípulo Euxenio de Toledo[5] que chegou a Zaragoza para pórse en contacto con Braulio, e soubo fundir os ensinos do seu mestre e de Isidoro de Sevilla.

Consérvanse 44 cartas do seu Epistolario que, entre outras cousas, ofrecen ampla documentación sobre a cultura do seu tempo e mostran a súa relación co papa Honorio I e cos reis visigodos Chindasvinto e Recesvinto. Tamén se lle atribúen a el as Actas dos Mártires de Zaragoza.

Acudiu aos concilios V (636) e VI (638) de Toledo. Morreu en Zaragoza o ano 651 e foi sucedido na diocese episcopal de devandita cidade por Samuel Tajón.

Aínda que existen dúbidas sobre a súa canonización formal, a Igrexa católica incorporouno ao Martiroloxio Romano e fixou a data da súa conmemoración o 18 de marzo, día que chegou a celebrarse até, polo menos, 1809. Posteriormente, a festividade trasladouse ao 26 de marzo.[6]

Galicia

En Galicia é padroeiro da parroquia de San Boulo de Caaveiro.

Notas

  1. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2015-05-04). "IGREXA IGREXA PARROQUIAL DE SAN BOULO DE CAAVEIRO EN A CAPELA A CORUÑA". Turgalicia. Consultado o 2023-12-02. 
  2. Gams, Pius Bonifacius (1957). Series Episcoporum Ecclesiae Catholicae. Graz: Akademische Druck- und Verlagsanstalt. p. 19. Consultado o 20 de noviembre de 2014. 
  3. "«Personajes de la España visigoda. Braulio.»". Arquivado dende o orixinal o 6 de septiembre de 2008. Consultado o 5 de julio de 2008. 
  4. ...hacia 639-640. (Trevijano 2004:355)
  5. «La música en la Iglesia Romana. El Gregoriano».
  6. Fatás 2009, pp. 11-12.

Véxase tamén

Enlaces externos