Bruxelas (homónimos)
O topónimo Bruxelas (en francés Bruxelles, en neerlandés Brussel, en alemán Brüssel) pode referirse a distintas divisións administrativas e eclesiásticas belgas:
- A Cidade de Bruxelas, capital oficial de Bélxica e principal cidade da rexión de Bruxelas.
- A Rexión de Bruxelas-Capital, unha das tres rexións de Bélxica, xunto con Flandres e Valonia.
- A arquidiocese de Malinas-Bruxelas, sé do arcebispo primado de Bélxica. A sé está compartida polas cidades de Malinas e Bruxelas.