Bryn Mawr

Modelo:Xeografía políticaBryn Mawr
Imaxe

Localización
 40°01′16″N 75°19′01″O / 40.0211, -75.3169
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoPensilvania
CondadoCondado de Montgomery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.879 (2020) Editar o valor en Wikidata (3.580,58 hab./km²)
Número de fogares1.806 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1,641912 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude128 m Editar o valor en Wikidata
Creación1681 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal19010 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico610 Editar o valor en Wikidata

Bryn Mawr é unha localidade no condado de Montgomery no estado estadounidense de Pensilvania. En 2010 tiña unha poboación de 3.779 habitantes.

Historia

Atardecer sobre Goodhart Hall no Bryn Mawr College

Bryn Mawr recibe o nome dunha propiedade (estate) preto de Dolgellau en Gales que pertencía a Rowland Ellis, chamada Brynmawr (pronunciado /brɪnˈmaʊər/ escrito tamén Bryn-mawr, que significa "monte alto", é citada como unha das vilas máis altas de Gales, con 460m sobre o mar).

Ellis era un galés cuáquero que emigrou en 1686 a Pensilvania para escapar da persecución relixiosa.[1][2]

Até 1869 e a chegada da Liña Principal da Pennsylvania Railroad, a cidade, situada no antigo Welsh Tract, era coñecida como Humphreysville. A cidade foi renomeada polo axente ferroviario William H. Wilson despois de que adquirise en nome do ferrocarril os terreos que agora compoñen Bryn Mawr.[Cómpre referencia] En 1893, o primeiro hospital, o Bryn Mawr Hospital, foi construído na liña principal polo doutor George Gerhard.[3]En 1892 o país estaba cambaleando baixo unha depresión económica e ao bordo do colapso financeiro, pero o doutor Gerhard desexaba construír un hospital nos crecentes suburbios de Filadelfia. Cando o hospital abriu en 1893, o doutor George Gerhard e o doutor Robert Gamble estaban a cargo das necesidades públicas.

Glenays, unha casa histórica que data de 1859, foi inscrita no Rexistro Nacional de Lugares Históricos en 1977.

Educación

En Bryn Mawr hai dúas universidades: o Bryn Mawr College e o Harcum College:

  • Bryn Mawr College
Artigo principal: Bryn Mawr College.

Trátase dunha pequena universidade con tendencia liberal (esquerda) na que ofrecen doutoramentos en arte para as mulleres. Mulleres famosas pasaron por alí como a actriz Katharine Hepburn ou o poeta Marianne Moore. Tamén deu clases alí, e alí faleceu, a matemática Emmy Noether. O filósofo Josep Ferrater Mora foi conferenciante ("lecturer") entre 1949 e 1950, Profesor Asociado de Filosofía ("Associate Professor of Philosophy") de 1950 a 1955, e Profesor ("Professor") de Filosofía de 1955 a 1980.

  • Harcum College

É unha universidade privada.

Para os nenos, hai catro escolas primarias: Achievement House Cs, Coopertown EI SCH (preescolar), Harriton SHS e Ithan El SCH (preescolar).

Igrexas

Bryn Mawr ten unhas cantas decenas de igrexas entre as que destaca a Church of the redeemer cemetery. Alí están enterrados os Thayer. John B. Thayer era o presidente dos ferrocarrís de Pensilvania e xunto á súa muller e o seu novo fillo de dezasete anos Jack, subiron en 1912 ao Titanic. O señor Thayer faleceu, pero a súa muller e o seu fillo conseguiron salvarse. O mozo Jack morreu en 1945 e foi enterrado en Bryn Mawr. Outras igrexas son

  • The church of Redeemer
  • The Bryn Mawr presbiterian church
  • American Missionary Fellowship
  • Sisters Of St Joseph
  • Sisters Of The Holy Child Jesus
  • Our Mother of Good Counsel
  • Sisters Of The Holy Child Jesus

Notas

  1. "BBC - North West Wales History - Quakers in Dolgellau". web.archive.org. 2006-11-08. Archived from the original on 08 de novembro de 2006. Consultado o 2023-01-21. 
  2. "Awdurdod Parc Cenedlaethol Eryri - Snowdonia National Park Authority". web.archive.org. 2007-09-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 2023-01-21. 
  3. "Bryn Mawr Hospital, founded 1893 • A Brief History • The Bryn Mawr 100 • Bryn Mawr, PA 19010". brynmawrpa.org. Consultado o 2023-01-21. 

Véxase tamén

Ligazóns externas