Budelli
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Arquipélago da Maddalena ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | La Maddalena, Italia ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar Tirreno ![]() | |||
Características | ||||
Superficie | 1,6 km² ![]() | |||
Budelli é unha illa no arquipélago da Maddalena (italiano: Arcipelago di La Maddalena), cerca do estreito de Bonifacio, no norte de Sardeña, Italia. Forma parte do Parque Nacional La Maddalena.
Budelli atópase a varios centos de metros ao sur das illas Razzoli e Santa María. Ten unha superficie de 1´6 km² e un perímetro costeiro total de 12´3 km. O punto máis alto é Monte Budello, con 87 m.
Budelli é considerada unha das illas máis fermosas do mar Mediterráneo. É especialmente coñecida pola súa "Spiaggia Rosa" (praia rosa), no sueste da illa, que debe a súa cor típica a fragmentos microscópicos de corais e cunchas como a Miriapora truncata e Miniacina miniacea. Budelli é unha das catro illas deshabitadas no arquipélago da Maddalena: as outras son Caprera, Spargi e Razzoli.
A illa foi comprada en outubro de 2013 por 2´94 millóns de euros, trala creba do anterior propietario. O novo comprador era un neozelandés, que intentou protexer o ecosistema na illa.[1] Con todo, a Corte Suprema italiana aprobou leis para iniciar o proceso de recuperación da illa, que agora é administrada e protexida pola xunta do parque nacional.[2]
Notas
- ↑ "Kiwi buys Mediterranean island - for a bargain". The New Zealand Herald. 4 de outubro de 2013.
- ↑ "Italy wants to buy $4m island". The Sydney Morning Herald. 26 de novembro de 2013.
Véxase tamén
Outros artigos
- Arquipélago da Magdalena
Ligazóns externas
- Información do ministerio de Medio Ambiente sobre o Parque Nacional Arquivado 27 de outubro de 2018 en Wayback Machine.(en italiano)
- Parque Nacional do arquipélago da Maddalena Arquivado 26 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en italiano)
- Lexislación reguladora do Parque Nacional la Maddalena (en italiano)