CAD
CAD son as siglas de Computer Aided Design (deseño asistido por ordenador) e refírese á utilización de sistemas informáticos para deseñar planos técnicos dunha forma máis rápida. Emprégase en arquitectura ou no deseño de pezas. O programa máis coñecido é AutoCAD.
Historia
Ivan Sutherland desenvolveu o sistema SKETCHPAD en 1963, considerado o antecesor do CAD, as primeiras aplicacións comerciais de CAD estaban deseñadas para as grandes industrias automobilísticas e aeroespaciais.