CORBA
CORBA son as siglas de Common Object Request Broker Architecture (en galego: "Arquitectura Común de Axente de petición de Obxectos"). É un estándar de interoperación cliente-servidor para sistemas distribuídos que foi desenvolto polo Object Management Group (OMG)).
Características
O estándar CORBA define, basicamente:
- Un protocolo de comunicación (IIOPetc.), permitindo que poidan interoperar aplicacións totalmente heteroxéneas en canto a lugar (máquina onde estea a correr), sistema operativo, linguaxe de programación, etc.
- Unha linguaxe de interface (IDL), permitindo a descrición das API ou interfaces, e describindo os servizos dos que un compoñente prové.
- Certos servizos verticais (definidos en IDL) que convén ter estandarizado.
Polo tanto, CORBA prové para obxectos a transparencia en canto a plataforma e lugar (máquina), o cal é unha característica fundamental en termos de arquitecturas distribuídas.
CORBA usa un IDL para especificar as interfaces (API) que os obxectos presentan ao mundo.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Welcome To The OMG's CORBA Website - Páxina oficial de CORBA (en inglés).
- Introduction to CORBA - Páxina de Sun Microsystems sobre Corba (en inglés).