CSP
A Confederación Suramericana de Patín ou CSP é unha organización independente recoñecida pola Fédération Internationale de Roller Sports que agrupa ás federacións de patinaxe artístico, hóckey a patíns e patinaxe de velocidade de Suramérica. Foi creda en 1954 e actualmente está composta por dez federacións, das cales nove son membros de pleno dereito e unha, a catalá é membro adherido.
Membros
A CSP contempla a posibilidade de acoller membros de pleno dereito e membros adheridos. Mentres que os primeiros teñen voz e voto, os segundos unicamente teñen voz para expresar os seus puntos de vista, mais non poden exercer o voto na toma de decisións.
Membros de pleno dereito
Arxentina (Confederación Argentina de Patín)
Brasil (Confederaçao Brasileira de Hóquei e Patinaçao)
Chile (Federación Chilena de Hockey y Patín)
Colombia (Federación Colombiana de Patinaje)
Ecuador (Federación Ecuatoriana de Hockey y Patín)
Panamá (Asociación Panameña de Patinaje)
Paraguai (Confederación Paraguaya de Patinaje)
Uruguai (Federación Uruguaya de Patín)
Venezuela (Federación Venezolana de Patinaje)
Membros adheridos
Cataluña (Federació Catalana de Patinatge)
Presidentes
- ???-2007: Ernesto Cajaravilla
- 2007-...: Armando Quintanilla