Caño Cristales
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | La Macarena, Colombia (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | Serranía de la Macarena (en) ![]() ![]() | |||
Final | ||||
Localización | Losada River (en) ![]() ![]() | |||
| ||||
Conca hidrográfica | Bacía do río Amazonas ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 462 m ![]() | |||
Dimensións | 100 (![]() | |||
Caño Cristales é un río de Colombia que se atopa na serra da Macarena, no concello do mesmo nome, no departamento de Meta, sendo tributario do río Guayabero. Foi denominado popularmente «o río dos deuses», «o río das cinco cores», «o arco iris líquido»[1][2] e mesmo «o río máis fermoso do mundo».[3] Dende finais de xullo até novembro, o seu fondo reprodúcense plantas acuáticas que coa exposición ó sol cambian as súas cores nun proceso que vai dende o verde até un vermello intenso, o que produce a sensación de estar fronte a un río de seis cores: vermello (causado pola Macarenia clavigera), amarelo, verde, negro, azul e rosado principalmente.[4]
Descrición
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/CA%C3%91O_CRISTALES%2C_JACUZZIS_NATURALES_DE_COLORES_01.jpg/220px-CA%C3%91O_CRISTALES%2C_JACUZZIS_NATURALES_DE_COLORES_01.jpg)
Sendo un río de menor lonxitude e anchura, o Caño Cristais non alcanza os 100 km de lonxitude nin excede os 20 m de ancho. É unha sucesión de rápidos, fervenzas e pocetas cuxas augas despréndense da meseta sur da serranía da Macarena, onde se sitúa o seu nacemento. As augas discorren cara ó río Guayabero, recollendo ó seu paso afluentes das sabanas rochosas da Serra.
Notas
- ↑ Catchpole, Karen. "Colombia's 'Liquid Rainbow'". Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Caño Cristales". Atlas Obscura (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ Anónimo «Visita el río más hermoso del mundo». National Geographic en español.
- ↑ Caño Cristales, ed. (11 de xaneiro de 2015). "Macarenia Clavigera: la planta acuática de Caño Cristales" (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2018.