Cacatua sulphurea
Cacatua sulphurea | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cacatua sulphurea. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
A Cacatua sulphurea é unha especie de ave da familia das cacatúas e membro do xénero Cacatua, en grave perigo de extinción. É endémica de Timor Leste e Indonesia (illas menores da Sonda e Célebes). Habita en bosques e nas zonas de degradación dos mesmos, até en zonas de cultivo.
A súa poboación estimouse en 2007 en menos de 7000 exemplares, sendo na illa de Sumba onde se concentran a maior parte dos exemplares. As poboacións de Komodo, Célebes, Buton, Moyo e Timor Leste son as seguintes en importancia. O declive desta especie deuse de forma moi pronunciada durante o século XX por mor da súa captura indiscriminada para a súa venda como mascota; a deforestación dos seus hábitats é un factor que potenciou o seu declive.