Calícrates
Nome orixinal | (grc) Καλλικράτης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 470 a. C. Antiga Atenas |
Morte | 420 a. C. (49/50 anos) Antiga Atenas |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Callic`rates Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.171) |
Calícrates (grego antigo Καλλικράτης, Kallikrates) foi un arquitecto da Antiga Grecia activo a mediados do século V a. C.
Traxectoria
No ano 480 a. C. tras a devastación de Atenas por parte dos persas, Pericles encargou a Calícrates e Ictinos, baixo a dirección de Fidias, o proxecto dos edificios da Acrópole construídos entre 447 e 442 a. C. (Plutarco, Pericles, 13).[1][2]
Para este templo seguiron un modelo de fachada octástila, dentro do orde dórica. A curvatura do entaboamento e a estilóbata, a éntase das columnas e a desigualdade nos intercolumnios crean un equilibrio e unha harmonía visuais que conseguen disimular as dimensións reais do edificio. O templo en cuestión é anfipróstilo, aínda visible alí,[3] ou o seu predecesor, a pequena escala (naiskos), cuxos muros foron atopados nos cimentos do templo posterior.[4]
Unha inscrición identifícao como o arquitecto do Templo de Atenea Nike na Acrópole de Atenas.[5]
Outra inscrición identifica a Calícrates como un dos arquitectos do recinto amurallado clásico da Acrópole,[6] e Plutarco di que foi contratado para construír a metade dos Muros Longos, que unían Atenas e O Pireo.
Na súa honra, foi nomeado o cráter Calícrates na superficie do planeta Mercurio.[7]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Mark, Ira S. (1993). The Sanctuary of Athena Nike in Athens: Architectural Stages and Chronology. (en inglés). Princeton Press. ISBN 9780876615263.
- Rodríguez Somolinos, Helena (2003). "Las inscripciones de Atenas del siglo V a.C.". En Rodríguez Adrados, Francisco. El Partenón en los orígenes de Europa (en castelán). Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 84-00-08139-0.
- Roth, Leland M. (1993). Understanding Architecture: Its Elements, History and Meaning (en inglés). Boulder, CO.: Westview Press. ISBN 0-06-430158-3.