Calandreta
As calandretas son escolas bilingües en occitano e en francés, cun estatuto privado e asociativo. Naceron en 1979 en Pau (Occitania) inspirándose na lei Deixona (lei 51-46 de 11 de xaneiro de 1951), que regula o ensino das "linguas e dialectos" de Francia.
Segundo datos de 2015, as calandretas teñen escolarizados naquela altura a 3.614 estudantes en 62 centros educativos de primaria e tres colexios.[1]
A pesar de que non se integran na Educación Nacional, o servizo público de ensino francés, obtiveron un convenio co Ministerio de Educación, polo que respectan os programas oficiais de ensino.
Lista de centros
Escola | Localización | Estabelecemento | Páxina web |
---|---|---|---|
Escòla Calandreta Gapiana | Gap, Altos Alpes, Provenza-Alpes-Costa Azul | calandreta-gapiana.fr | |
Escòla Calandreta la Granatiera | Orange, Vaucluse, Provenza-Alpes-Costa Azul | ecolecalandretaorange.com Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. |
Notas
- ↑ Confederacion occitana de las Calandretas. "Qualques chifras" (en occitano). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2015. Consultado o 14 de outubro de 2015.
Calandreta es:
62 escòlas e 3 collègis repartits sus 18 departaments
3614 enfants escolarizats