Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2010
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 27 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 14 de marzo de 2010 – 14 de novembro de 2010 |
Número de edición | 61 (2010) |
Competición | |
Campionato do Mundo de Construtores | Red Bull Racing |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Sebastian Vettel |
Datos estatísticos | |
Carreires | 20 |
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2010 é o campionato anual número 61 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competiren doce equipos.
Está programado que conte con 19 Grandes Premios, dando comezo o 14 de marzo co Gran Premio de Bahrain, estando prevista a finalización para o 14 de novembro co Gran Premio de Abu Zabi no Circuíto de Yas Marina.
Foron introducidas pola FIA, ademais, diversas modificacións nas regras, nun intento de reducir custos debido á crise financeira e para mellorar o espectáculo. Novas normas sobre pneumáticos, aerodinámica a prohibición de repostaxes, e un cambio na puntuación entre outras, son algúns dos cambios máis significativos que os regulamentos da Fórmula 1 sufriron desde hai décadas.
Cambios técnicos
- Na reunión da FOTA durante o Gran Premio do Xapón, acordouse o abandono do KERS para o 2010, a pesar da oposición de Williams, que tiña previsto usar unha tecnoloxía alternativa baseada en volantes de inercia.
- Igualmente, acordouse a eliminación dos "tapacubos" (dispositivos que serven para protexer e ter unha mellor saída da enerxía producida polos freos) a partir desta tempada.
- Bridgestone, principal provedor de pneumáticos da Fórmula 1, anunciou ao finalizar a tempada 2009 de Fórmula 1 a súa retirada ao finalizar a tempada 2010, descoñécese quen poderá fornecer os pneumáticos a partir do 2011. Pirelli, Michelin e Goodyear comunicaron que non estaban interesadas en forneceren pneumáticos para a Fórmula 1, pero habería unha pequena posibilidade moi afastada de pneumáticos como Continental ou Firestone. Logo Michelin admitiría que estaba negociando un posible regreso, pero só baixo algunhas condicións.
- Elimínanse as paradas para encher combustible os coches, pero non se eliminan as paradas para cambiar os pneumáticos e para arranxar os danos producidos por algún accidente leve.
- O peso mínimo dos coches a partir desta tempada será de 620 kg, principalmente este cambio débese á eliminación das reposicións en boxes para encher de combustible, xa que os depósitos serán máis grandes.
- O sistema de clasificación cambiará cos novos vehículos: 7 vehículos serán eliminados na primeira rolda, 7 na segunda e quedarán 10 pilotos para a última, na que terá lugar a loita pola pole position. Nas tres roldas o combustible que porán os equipos será mínimo, para poder facer unha volta rápida, debido á eliminación de paradas en carreira.
- Debido a que nesta tempada participarán 24 coches, o sistema de puntuación cambia e queda así:
Posto 1º 2º 3º 4º 5º 6º 7º 8º 9º 10º 11º 12º 13º 14º 15º 16º 17º 18º 19º 20º 21º 22º 23º 24º Puntos 25 18 15 12 10 8 6 4 2 1 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0
- Os equipos teñen a posibilidade de ampliaren o chasis 15 cm, polo novo tanque de combustible.
- Os pneumáticos dianteiros serán máis estreitos que os traseiros, para lograr máis estabilidade no coche e máis agarre.
A seguinte táboa mostra os equipos inscritos para o Mundial 2010 de F1. Os primeiros oito están ordenados pola clasificación do campionato de construtores da tempada 2009, máis os catro equipos novos. A FIA ditou no novo regulamento para 2010 que haberá un máximo de trece escuadras con posibilidade de catorce.
Escuderías e Pilotos
Notas
- Todos os equipos levan pneumáticos Bridgestone. Esta será a última tempada da empresa xaponesa como provedor.
- Ningún piloto leva o dorsal nº 13 no seu monopraza desde hai 34 anos por superstición, xa que cren que dá mala sorte.
- A orde dos equipos van en base ao anuncio oficial por parte da FIA.
- O equipo Renault reuniuse de urxencia para falar sobre o seu futuro. Despois do abandono por parte de Toyota, era posible que o equipo galo abandonase a F1. Con todo, finalmente a marca do rombo anunciou que se mantería na competición en 2010, xa que a empresa luxemburguesa Genii Capital comprou unha parte maioritaria do accionariado de Renault F1 Team. O equipo competirá baixo o nome de Renault F1, como de costume.Renault queda na F1
- O motorista alemán Mercedes-Benz comprou o 75,1% das accións da escuadra Brawn GP, polo cal o equipo é renomeado como Mercedes Grand Prix.
- O equipo Sauber conservará, polo momento, o nome BMW Sauber e definitivamente, os dorsais 22 e 23.
- O equipo Campos Meta foi vendido a José Ramón Carabante, polo que o 2 de marzo foi renomeado como Hispania Racing F1 Team. USF1 debido a distintos problemas, non participará esta tempada, estaba previsto que Stefan GP o substituíse, pero a FIA non o aceptou. En total, haberá 24 coches en 12 equipos.
Calendario 2010
Resultados
Grandes Premios
Pilotos
|
Negra – Pole |
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Construtores
|
Negra – Pole |