Caparrapí
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamento | Cundinamarca ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 1.271 m ![]() | |||
Sitio web | caparrapi-cundinamarca.gov.co… ![]() |
Caparrapí, oficialmente Villa de Caparrapí, é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia de Bajo Magdalena, a 172 km ó noroeste de Bogotá. A temperatura media anual é de 23 °C[1] e a altitude media da cabeceira municipal é de 1271 m s. n. m.[2]
Toponimia
O topónimo «Caparrapí», en lingua colima, quere dicir «habitante dos barrancos», e provén das palabras caparra, «barranco» e pi, «habitante».
Historia
O asentamento dos indíxenas caparrapís estaba na confluencia da crebada Guatachí co río Negro, distante do lugar actual.[3]
Nos primeiros días de 1560, Antonio de Toledo fundou e poboou a Vila de Caparrapí por orde de Real Audiencia de Santafé de Bogotá, no outeiro deste nome. A fundación tamén se lle atribúe a Gutiérrez de Ovalle en 1562 cando trasladou a localización de La Palma. Estas fundacións refírense a La Palma, nos diferentes sitios que estivo, mais non a Caparrapí, que non foi vila senón pobo de indios.[3]
Notas
- ↑ [1] CLIMATE-DATA.ORG, Clima: Chocontá.
- ↑ "Nuestro Municipio". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 "Historia do municipio". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficialArquivado 02 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)