Carl Schlechter

Carl Schlechter
Nacemento2 de marzo de 1874
Lugar de nacementoViena Imperio Austrohúngaro
Falecemento27 de decembro de 1918
Lugar de falecementoBudapest Hungría Hungría
Causatuberculose
NacionalidadeAustria
OcupaciónXogador de xadrez
editar datos en Wikidata ]

Carl Schlechter, nado o 2 de marzo de 1874 en Viena, Imperio Austrohúngaro e finado o 27 de decembro de 1918 en Budapest, Hungría , foi un dos principais mestres de xadrez de comezos do século XX.

Traxectoria

A partir de 1893 xogou en máis de cincuenta torneos internacionais, nos que chegou a gañar catro veces: Múnic en 1900 (compartido), Ostende en 1906, Viena en 1908 (compartido) e Hamburgo en 1910.

En 1910 enfrontouse nun match contra o entón campión Emanuel Lasker polo Campionato do Mundo (en Viena e Berlín). Necesitaba só un empate na décima e última partida para gañar o campionato, pero tras estar preto de lograr o triunfo, posteriormente tamén deixou escapar as súas posibilidades de táboas, e finalmente tivo que renderse na xogada número 71 dunha partida que se prolongou durante 3 días. Con iso o éxito escapóuselle das mans: o match terminou empatado 5-5 (+1 -1 =8), e Lasker retivo o título.

Tamén xogou con Siegbert Tarrasch en 1911 (táboas) e Akiba Rubinstein en 1918 (derrota).

Morreu en Budapest de pneumonía e desnutrición.

Schlechter foi o típico exemplo do xogador cabaleiroso, que con cortesía ofrecía táboas a opoñentes inseguros. Se o seu rival chegaba tarde á partida, Schlechter distraidamente atrasaba o seu reloxo a fin de non incomodalo. Adestrou a moitos dos seus rivais, incluíndo Oldrich Duras.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas