Carlos Montero

Modelo:BiografíaCarlos Montero
Biografía
Nacemento(es) Carlos Montero Castiñeira Editar o valor en Wikidata
9 de outubro de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Celanova, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, director de cinema, escritor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0599413 BNE: XX1648626 Editar o valor en Wikidata

Carlos Montero Castiñeira, nado en Celanova en 1972, é un escritor e guionista galego en lingua castelá.

Traxectoria

Montero licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid, e ao pouco comezou a traballar como guionista para o cinema e a televisión a comezos da década dos 2000. Foi coguionista de series de televisión españolas moi populares, como El Comisario ou Al salir de clase, e creador doutro título importante, Física o Química, do que ademais foi guionista. Tamén adaptou novelas e outras pezas narrativas para a televisión, coma El tiempo entre costuras.

Xa en 2012 publicou a súa primeira novela, Los tatuajes no se borran con láser, e catro anos máis tarde gañou un dos premios literarios máis importantes para as novelas en lingua castelá, o Premio Primavera, que está dotado con 100.000 euros. O premio obtívoo por El desorden que dejas, unha novela ambientada na vila ficticia galega de Novariz.

Obra

Televisión

  • Al salir de clase (155 episodios, entre 1997 e 1999)
  • El comisario (22 epidodios entre 2000 e 2004)
  • Maneras de sobrevivir (creador e guionista dos 5 episodios, en 2005)
  • Génesis, en la mente del asesino (creador e guionista dos 7 episodios, entre 2006 e 2007)
  • Física o Química (creador e guionista en todos os episodios, de 2008 a 2011)
  • El tiempo entre costuras, adaptación á televisión da novela de María Dueñas, tres episodios de 2013.[1]
  • Vive cantando (creador e guionista dos 6 episodios, entre 2013 e 2014)
  • Hánsel y Gretel, episodio da serie Cuéntame un cuento (2014)
  • Apaches (2015)
  • A desorde que deixas. Netflix (2020)
  • Élite: historias breves - creador e guionista. (2021)
  • Feria: la luz más oscura - creador e produtor (2023)
  • Todas las veces que nos enamoramos - creador, coguionista e coprodutor executivo. (2023)

Cinema

  • 1993: En casa de Diego - director
  • 1995: David - director
  • 2003: La vida aquí - guionista
  • 2010: Dinero fácil - director, guionista e produtor
  • 2011: Dieciséis - director
  • 2013: Combustión - coguionista
  • 2013: Boys on Film 9: Youth in trouble - director
  • 2016: No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas - coguionista
  • 2019: Gente que viene y bah - coguionista

Narrativa

  • 2012, Los tatuajes no se borran con láser.
  • 2016, El desorden que dejas.

Galardóns

  • Premio Primavera de novela, 2016, con El desorden que dejas[2].

Notas

  1. "Carlos Montero". wiki de El tiempo entre costuras (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  2. "El celanovés Montero, Premio Primavera de Novela por "El desorden que dejas"". La Región (en castelán). 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas