Carreteras secundarias
Carreteras secundarias | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Carreteras secundarias |
Director | Emilio Martínez Lázaro |
Produtor | Ana Huete |
Guión | Ignacio Martínez de Pisón |
Intérpretes | Antonio Resines Fernando Ramallo Miriam Díaz Aroca Maribel Verdú |
Música | Roque Baños Nino Rota (canción "Speak Softly Love") |
Fotografía | Javier G. Salmones |
Montaxe | Iván Aledo |
Estrea | 1997 |
Duración | 105 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Carreteras secundarias é un filme español dirixido Emilio Martínez Lázaro que se estreou en 1997.
Sinopse
España, 1974. Un adolescente e o seu pai viaxan dun lado a outro nun coche que é a única propiedade que teñen. A súa vida é un continuo ir e vir por apartamentos costeiros de aspecto desolado na tempada baixa de turismo. Cando se ven na obriga de mudar de itinerario e afastarse do mar, as súas cambiarán radicalmente.
Personaxes
- Antonio Resines como Lozano
- Miriam Díaz Aroca como Estrella
- Fernando Ramallo como Felipe
- Maribel Verdú como Paquita
- Jesús Bonilla como Félix
- José Ángel Egido como Inspector de policía
Galardóns e nomeamentos
- 1998: Goya. Mellor actor revelación (Fernando Ramallo).
- 1998: Goya. Mellor guión adaptado (Ignacio Martínez de Pisón).
- 1998: Unión de Actores. Mellor actor revelación (Fernando Ramallo).
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)