Cartas de Iwo Jima
Cartas de Iwo Jima | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Letters from Iwo Jima |
Director | Clint Eastwood |
Produtor |
|
Guión | Iris Yamashita |
Baseado en | Picture Letters from Commander in Chief de Tadamichi Kuribayashi (autor) Tsuyuko Yoshida (editor) |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Tom Stern |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | 9 de decembro de 2006 20 de decembro de 2006 23 de outubro de 2011 (TVG) |
Duración | 140 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Bélico |
Orzamento | 19 millóns de dólares[2] |
Recadación | 68,7 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/letters-iwo-jima | |
|
Cartas de Iwo Jima (en inglés: Letters from Iwo Jima; en xaponés: 硫黄島からの手紙, Iōjima Kara no Tegami) é un filme estadounidense en lingua xaponesa de 2006 dirixido e coproducido por Clint Eastwood. Está protagonizado por Ken Watanabe e Kazunari Ninomiya. O filme representa a batalla de Iwo Jima dende a perspectiva dos soldados xaponeses e complementa outra obra de Eastwood, Bandeiras de nosos pais, que relata a mesma batalla dende a perspectiva dos estadounidenses. Os dous filmes foron rodados de maneira paralela. Cartas de Iwo Jima está rodado case completamente en xaponés malia ser producido polas compañías estadounidenses DreamWorks Pictures, Malpaso Productions e Amblin Entertainment. Logo de Bandeiras de nosos pais fose un fracaso en recadación, Paramount Pictures vendeu os dereitos de distribución nos Estados Unidos a Warner Bros. Pictures.
Estreouse en galego o 23 de outubro de 2011 a través da TVG.[3]
Personaxes
- Ken Watanabe como xeneral Tadamichi Kuribayashi
- Kazunari Ninomiya como soldado de primeira clase Saigo
- Tsuyoshi Ihara como tenente coronel Takeichi Nishi
- Ryō Kase como soldado Shimizu
- Shidō Nakamura como tenente Ito
- Hiroshi Watanabe como tenente Fujita
- Takumi Bando como capitán Tanida
- Yuki Matsuzaki como soldado de primeira clase Nozaki
- Takashi Yamaguchi como soldado de primeira clase Kashiwara
- Eijiro Ozaki como tenente Okubo
Notas
- ↑ "LETTERS FROM IWO JIMA (15)". British Board of Film Classification. 2 de xaneiro de 2007. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Letters from Iwo Jima". Box Office Mojo. Consultado o 5 de xullo de 2009.
- ↑ diariosigloxxi.com (ed.). "Cartas de Iwo Jim na TVG". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 20 de novembro de 2016.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gerow, Aaron (2006). "From Flags of Our Fathers to Letters From Iwo Jima: Clint Eastwood's Balancing of Japanese and American Perspectives". Japan Focus. Consultado o May 29, 2009.
- Ikui, Eikoh (2007). "Letters from Iwo Jima: Japanese Perspectives". Japan Focus. Consultado o May 29, 2009.
Ligazóns externas
- Cartas de Iwo Jima na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)