Casa da Moeda de Paquistán
Coordenadas: 31°35′4.1280″N 74°23′18.3480″L / 31.584480000, -74.388430000
Casa da Moeda de Paquistán –پاکستان ٹکسال– | |
---|---|
Tipo | Compañía pública. |
Fundación | 1942. |
Matriz | Banco Estatal de Paquistán. |
Localización | Lahore. Punjab. Paquistán. |
Industria | Cuñaxe. |
Produtos | Moedas. |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa da Moeda de Paquistán (en urdú: پاکستان ٹکسال ) é unha ceca pública paquistaní localizada no municipio de Shalimar Town, en Lahore. É a máis antiga das casas de moeda establecidas en Paquistán e a compañía está gobernada polo Banco Estatal do Paquistán.[1]
Historia
A Casa da Moeda de Paquistán entrou en funcionamento en 1942 e dos seus talleres saíron as moedas do sistema da rupia paquistaní en circulación.[2][3]
Os obxectos que produce non se limitan ás moedas e os billetes de Paquistán, senón que tamén se estende ás medallas oficiais, as condecoracións militares e os selos de correos do país. Así mesmo, a compañía encárgase de refinar o ouro e convertelo en barras de cinco quilogramos para o Banco Estatal de Paquistán.[2][5]
En 2010, o Goberno paquistaní comezou a planificar a modernización e a mellora da Casa da Moeda. Estes plans incluíron a cualificación dos seus traballadores e a substitución da súa maquinaria para aumentar a súa produtividade, así como a calidade dos seus produtos.[2][5][6]
Notas
- ↑ "Pakistan Mint Lahore, Ministry of Finance". Open testing Service.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Request For Proposals: Pakistan Mint Modernization". Lahore.nelaam.com
- ↑ Procura: "Pakistan Mint". Colnect.com
- ↑ "5 paise. Pakistan 1964". Colnect.com
- ↑ 5,0 5,1 "Pakistan Mint to be modernised". En The Express Tribune. 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Final evaluation of tender on feasibility study for modernization and restructuring of Pakistan Mint, Lahore Arquivado 01 de marzo de 2022 en Wayback Machine.". Government of Pakistan, Finance Division.