Castiadas é un concelloitaliano da provincia de Cagliari, na rexión de Sardeña. A súa superficie é de 102,70 km², a súa poboación de 1.310 habitantes e a densidade de poboación de 12.76 h/km². No século XIV fundouse a vila de Villanova Castiadas que quedou deshabitada no século seguinte pola mortalidade causada pola peste. No século XIX estableceuse na zona unha colonia agrícola penal, despois da segunda guerra mundial Castiadas, entón pertencente á comuna de Muravera, vive unha época de expansión económica desenvolvida polo Ente di Trasformazione Fondiaria Agraria della Sardegna. No ano 1986 transformouse nunha comuna autónoma.