Catedral de Tampere
Catedral de Tampere | |
---|---|
Entrada principal da catedral de Tampere. | |
Datos xerais | |
País | Finlandia |
Rexión | Pirkanmaa |
Tipo | Catedral |
Localización | Tuomiokirkonkatu 3b, Tampere |
Coordenadas | 61°30′09″N 23°46′11″L / 61.50250, -23.76972 |
Culto | |
Culto | Igrexa evanxélica luterana de Finlandia |
Diocese | Diocese de Tampere |
Arquitectura | |
Construción | 1902–1907 |
Arquitectos | Lars Sonck |
Estilo | Nacionalismo romántico |
Páxina web | tampereenseurakunnat.fi |
[ editar datos en Wikidata ] |
A catedral de Tampere (en finés Tampereen tuomiokirkko e en sueco Tammerfors domkyrka) é un templo de culto evanxélico-luterano situado na cidade de Tampere (Finlandia). A catedral foi construída entre os anos 1902 e 1907 no barrio de Jussinkylä. Antes de 1923, cando se converteu na catedral da diocese de Tampere, a igrexa era coñecida como igrexa de San Xoán. A igrexa arquitectonicamente significativa foi deseñada por Lars Sonck, que tivo como modelos deseños como o da igrexa de Finström, situada no municipio homónimo nas illas Åland. A igrexa, así como o conxunto das súas obras de arte son representativas do estilo romántico nacional.[1]
O templo está rodeado por un parque chamado Tuomiokirkonpuisto (en galego Parque da Catedral).
Notas
- ↑ "Tuomiokirkko" (en finés). tampereenseurakunnat.fi. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio web da Tampere Seurakunta (en finés) (en inglés)